O Goberno de Nova Zelandia quere que o ensino do maorí, unha das linguas oficiais do país, sexa introducido en todas as escolas de educación primaria antes de 2025.
Fonte: SBS News
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Goberno de Nova Zelandia quere que o ensino do maorí, unha das linguas oficiais do país, sexa introducido en todas as escolas de educación primaria antes de 2025.
Fonte: SBS News
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, participaron na inauguración do XII Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG), que reúne galicianistas de todo o mundo arredor do tema “Novos horizontes para unha Galicia global: redes, territorio, memoria”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Segundo información aparecida no seu sitio web, as Nacións Unidas declararán o ano 2019 como Ano Internacional das Linguas Indíxenas co fin de protexer a inmensa diversidade lingüística que existe no planeta e salvagardar os dereitos das persoas que falan estes idiomas.
Fonte: Language Magazine
A Plataforma pola Lingua abriu o pasado 3 de setembro a inscrición para unha nova edición do Concurso Tisner de creación de xogos en catalán. O obxectivo desta iniciativa é amosarlles ao alumnado e ao profesorado a faceta lúdica e creativa desta lingua. As iniciativas deben conter unha proposta inédita que desenvolva o aspecto creativo do catalán. O prazo de inscrición rematará o 16 de novembro.
Ricardo Ferreiro Almeda fíxose coa III edición do Concurso Balbino de Relatos pola obra Máis alá do río do esquecemento. O galardón, que convoca Técnicas & Gramaxe coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística inclúe 1500 euros de premio e a publicación da peza por Edicións Fervenza.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Biblioteca e Arquivo de Galicia acolleu a reunión do Consello Asesor do Libro, un organismo dedicado ao estudo e ao asesoramento sobre as políticas relacionadas coa Lei 17/2006, do 27 de decembro, do libro e da lectura de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Despois de que as circunstancias históricas levasen á substitución do francés polo inglés en Ruanda, o país africano está paulatinamente incrementando o uso da primeira lingua, sobre todo no ámbito educativo.
Fonte: Language Magazine
O novo programa de inclusión social e emprego de Portugal ofrecerá formación en lingua portuguesa a inmigrantes e descendentes co fin de promover o seu desenvolvemento profesional e social.
Fonte: Comunidade Cultura e Arte
Con motivo da Semana da Lingua Maorí, a escola de ensino secundario Hobsonville Point de Nova Zelandia presentou unha aplicación móbil para aprender maorí e espera poder difundila a outros centros educativos.
Fonte: Stuff
O Ministerio de Educación e Cultura de Indonesia informou de que no país se falan un total de 653 linguas nativas. Esta cifra sofre variacións todos os anos e espérase que sexa maior con cada novo reconto.
Fonte: Language Magazine
Subscríbase ao boletín