Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    29 de maio de 2018

    A Academia Valenciana da Lingua e a Deputación de Castelló fomentarán o uso do valenciano coa divulgación de obras, figuras históricas e tradicións nos municipios da provincia.

    Fonte: Mediterraneo

    28 de maio de 2018

    A cuarta edición do Concurso Tísner de Creación de Xogos en Catalán xa ten gañadores. Trátase dun certame que pretende impulsar a implicación de docentes e alumnado na creación e desenvolvemento de xogos inéditos que fomenten o interese por esta lingua.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    28 de maio de 2018

    A Asociación Trobada organiza un ano máis un encontro col obxectivo de xuntar falantes de aragonés para demostrar que é posible vivir nesta lingua fóra do ámbito familiar e social ao que normalmente se asocia.

    Fonte: AraInfo

    28 de maio de 2018

    O Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela acolleu a celebración da XI Asemblea da Irmandade Xurídica Galega, á que asistiu o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    28 de maio de 2018

    O pasado 26 de maio comezaron na capital de Galicia e en Ponferrada as probas de acreditación do certificado de coñecemento da lingua galega (Celga), nas que están matriculadas 2598 persoas, o que supón un incremento de 929 con respecto á convocatoria do ano 2017.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    28 de maio de 2018

    Unha nena de 14 anos de Arabia Saudita inventou un sistema de lectura táctil en lingua árabe para axudar as persoas con discapacidade visual.

    Fonte: Al Arabiya

    28 de maio de 2018

    Xabier Cid recolleu o premio do XXI Certame de Poesía Concello de Carral, pola súa obra As bicis, nun acto no que tamén se presentou o poemario gañador na pasada edición, Das árbores tropicais e do amor, de Xosé Luís Mosquera Camba.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    28 de maio de 2018

    O Goberno de Serbia introducirá o ensino en croata nalgúns centros de ensino da cidade de Subotica, na provincia serbia de Voivodina.

    Fonte: Total Croatia News

    28 de maio de 2018

    O auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura de Galicia foi escenario da presentación do libro De Gres a Cádiz, obra póstuma do escritor que lle dá nome.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    28 de maio de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na xuntanza de traballo que os empresarios pertencentes ao Foro Enrique Peinador mantiveron no Pazo de Lestrobe para presentaren propostas e medidas que incidan na galeguización progresiva do ámbito socioeconómico.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder