Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de setembro de 2018

    Este novo folleto está dirixido a persoas que queiran aprender o catalán e tamén ás que necesiten perfeccionar o nivel desta lingua. O folleto estará dispoñible en catalán, castelán, inglés, alemán, árabe e chinés.

    Fonte: Diario de Mallorca

    04 de setembro de 2018

    A catedrática de Filoloxía Inglesa da Universidade de Santiago de Compostela Teresa Fanego acaba de ser nomeada nova presidenta da Societas Linguistica Europaea (SLE). Entre as actividades previstas para o seu mandato está a de celebrar en Galicia a prestixiosa Escola de Verán de Lingüística da SLE, dirixida a estudantes de doutoramento, ou o congreso anual da sociedade.

    04 de setembro de 2018

    A Comisión Europea lanzou o concurso Juvenes Translatores dirixido a estudantes de escolas de toda Europa co obxectivo de promover a aprendizaxe de linguas e a tradución.

    Fonte: European Commission

    04 de setembro de 2018

    O Goberno de China anunciou, en preparación para o novo curso académico, unha versión oficial en lingua de signos do himno nacional.

    Fonte: Shanghaiist

    03 de setembro de 2018

    O Goberno de Navarra, xunto con 35 entidades locais e os euskaltegis, inicia a campaña "Dale like al euskera/Eman like Euskarari" para impulsar a aprendizaxe do éuscaro entre persoas adultas.

    Fonte: Diario de Navarra

    03 de setembro de 2018

    As bases deste concurso publicáronse no Boletín Oficial de Aragón. Nelas explícase que cada persoa poderá presentar ata cinco obras en versión orixinal e inédita, de tema libre e cunha duración máxima de cinco minutos.

    Fonte: 20 minutos

    03 de setembro de 2018

    Baixo o título 'Voces. La llingua asturiana al traviés de los sieglos', o Museo Arqueolóxico de Asturias, situado en Oviedo, acollerá a partir do 26 de setembro unha exposición itinerante sobre a historia do asturiano desde as súas orixes.

    Fonte: El Comercio

    03 de setembro de 2018

    Segundo o diagnóstico sobre a evolución do éuscaro en 2017, o nivel desta lingua entre o alumnado descendeu 10 puntos desde 2010, o que supón que suspende esta materia un de cada tres estudantes.

    Fonte: El Correo

    03 de setembro de 2018

    Entre os días 3 e 21 de setembro as persoas desempregadas de San Sebastián poderán inscribirse nos cursos gratuítos de éuscaro organizados polo concello que comezarán a impartirse o 8 de outubro.

    Fonte: La Vanguardia

    03 de setembro de 2018

    A película de animación colombiana El Libro de Lila foi dobrada á lingua machiguenga, falada por unha comunidade amazónica do departamento peruano de Cuzco.

    Fonte: El Tiempo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder