Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    06 de setembro de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística participou na rolda de prensa de presentación da nova revista promocional da 32ª edición da Feira do Moble de Galicia, que se celebrará na Estrada do 19 ao 23 de setembro, e incidiu na súa intervención na importancia de visibilizar e dinamizar o uso do galego no tecido socieconómico. A publicación, que conta co apoio da Xunta de Galicia, dá conta do programa da feira e dos 65 expositores participantes por medio dunha tirada de 4500 exemplares.

    06 de setembro de 2018

    A Consellería de Cultura e Educación engade tres novos autores galegos ao Portico of Galician Literature, o portal web en inglés, accesible en www.galicianliterature.gal, que ten como obxectivo principal dar a coñecer no exterior os escritores e as escritoras da literatura galega, a través de fragmentos traducidos das súas obras máis representativas, que se complementan con información biográfica.

    06 de setembro de 2018

    Máis de 300 especialistas de todo o mundo participan no XXIX Congreso Internacional de ASELE, a Asociación para o Ensino do Español como Lingua Estranxeira, que se celebra na Universidade de Santiago de Compostela entre os días 5 e 8 de setembro.

    Fonte: Galicia Confidencial

    06 de setembro de 2018

    O 16 de setembro Oñati acollerá un concerto de apoio ao proxecto "Osíxeno ao éuscaro, tamén a 6000 metros", no que participan mozos e mozas de Euskadi, Navarra e Iparralde. O obxectivo da iniciativa é compaxinar o uso da lingua vasca e o montañismo, así como promover as linguas minorizadas. 

    Fonte: Noticias de Navarra

    05 de setembro de 2018

    A cidade de Lisboa acollerá a exposición itinerante A Língua Portuguesa em Nós do Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo.

    Fonte: Observador

    05 de setembro de 2018

    O acordo asinado entre o Instituto Camões e a Luso-American Education Foundation para fomentar o ensino do portugués en California está a dar os seus froitos: cada vez máis alumnas e alumnos escollen o portugués como segunda lingua de estudo neste estado.

    Fonte: Diário de Notícias

    05 de setembro de 2018

    A Axencia de Desenvolvemento de Oarsoaldea organiza o programa Kuadrillategi, para que mozos e mozas poidan aprender e mellorar o seu éuscaro a través da realización de diversas actividades, como saídas especiais, plans de todo o día ou plans de fin de semana. O prazo de inscrición nesta iniciativa, que se desenvolverá nos municipios de Lezo, Errenteria, Oiartzun e Pasaia, prolongarase ata o 28 de setembro.

    05 de setembro de 2018

    A Consellería de Cultura convoca unha axuda de 275 000 euros para impulsar o uso do catalán nos medios de comunicación. Así mesmo, abrirá outra liña de 100 000 euros para ámbito deportivo.

    Fonte: Ser

    05 de setembro de 2018

    Persoal investigador da Universidade de Vigo, así como a Asociación de Xordos desta cidade, instan a Xunta de Galicia a recoñecer e protexer a lingua de signos galega. Tamén demandan da Federación de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) que sitúe esta reivindicación entre as súas prioridades.

    Fonte: Galicia Confidencial

    04 de setembro de 2018

    A Consellería de Cultura, Participación e Deportes inaugura, por segundo ano consecutivo, a estancia lingüística de verán que finaliza o 14 de setembro e que está dirixida a estudantes de catalán de todo o mundo.

    Fonte: 20 minutos

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder