Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    24 de maio de 2018

    Un total de 3 escolas da cidade do Río de Xaneiro incorporou clases de alemán no marco dun proxecto que tenta promover a educación bilingüe portugués-alemán no ámbito local.

    Fonte: Terra

    24 de maio de 2018

    En España cada ano tradúcense obras escritas nuns 50 idiomas diferentes, segundo o Observatorio da Lingua e do Libro. Os libros publicados en catalán e en éuscaro increméntase, mentres que baixa a cifra de títulos en galego.

    Fonte: La Vanguardia

    24 de maio de 2018

    A Academia Valenciana da Lingua (AVL), xunto co Concello de Elx, quere fomentar o uso do valenciano. Para isto, o Concello nomeará as rúas en valenciano, incorporándoas á nomenclatura oficial, e enlazará a súa páxina web á da AVL.

    Fonte: Radio Elche

    24 de maio de 2018

    Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, compartiu en Madrid un xantar-coloquio con membros da Asociación de Xornalistas Galegos na capital de España durante o que deu conta da situación actual da lingua galega e presentou as liñas de traballo que desenvolve a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, que el dirixe.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    24 de maio de 2018

    O BNG defendeu no Parlamento de Galicia unha proposición non de lei para que se inclúan subtítulos en lingua galega nos produtos das plataformas tecnolóxicas de contidos audiovisuais como Netflix ou Movistar+.

    Fonte: Código Cero

    23 de maio de 2018

    O escritor caboverdiano Germano Almeida recibiu o máis prestixioso premio literario en lingua portuguesa, o Premio Camões.

    Fonte: Maisfutebol

    23 de maio de 2018

    O Concello de Lisboa debaterá unha proposta do Partido Comunista para organizar un festival internacional dedicado á lingua e á literatura portuguesas.

    Fonte: Sapo 24

    23 de maio de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou a Teresa Pérez Tilve n​a presentación do libro A carón da máquina.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    23 de maio de 2018

    Kiel-Santiago: Encrucilladas da diversidade lingüística europea aborda a reflexión sobre as linguas de Europa, con ou sen Estado, e foi presentado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    23 de maio de 2018

    Con respecto á publicación de libros en asturiano, o seu declive continúa, aínda que mellorou no ano 2017, cando se sacaron 40 volumes en asturiano, só son dous máis que o ano anterior, pero menos da metade que no 2011.

    Fonte: La Voz de Asturias

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder