Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    18 de maio de 2018

    O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, foi o encargado de darlle a saída á V edición da Carreira Camiño das Letras coa que se conmemorou o Días das Letras Galegas a través do deporte e poñendo en valor o noso patrimonio do Camiño de Santiago.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    18 de maio de 2018

    O xurado do XIV Premio a artigos xornalísticos normalizadores proclamou como gañador da edición do 2018 deste certame a Carlos Lixó polo seu artigo «Alpabardas verdes».

    Fonte: Concello de Carballo

    18 de maio de 2018

    A mostra didáctica ‘Gatiños, Ghatiñas, Gatíos. Xeitos de falarmos galego', protagonizada polos Bolechas e impulsada pola Deputación de Pontevedra, pretende achegarlles aos máis pequenos a riqueza da nosa lingua. A exposición, que arrancou en Pontevedra, percorrerá todas as comarcas da provincia en próximas datas.

    Fonte: Deputación de Pontevedra

    18 de maio de 2018

    A plataforma Queremos Galego reuniu o pasado 17 de maio en Santiago de Compostela a milleiros de manifestantes que reivindicaron o seu dereito a vivir en lingua galega.

    Fonte: Praza Pública

    16 de maio de 2018

    Maite Inda, a representante do colectivo Euskalgintza de Pamplona, informou da escasa presenza do éuscaro na Universidade Pública de Navarra (UPNA) e destacou a necesidade de impartir o grao de Enfermería nese idioma.

    Fonte: Navarra

    16 de maio de 2018

    O día grande das Letras Galegas, o 17 de maio, a Xunta de Galicia renderalle homenaxe a María Victoria Moreno cun acto institucional que terá lugar no IES Torrente Ballester de Pontevedra, onde a escritora exerceu a docencia durante anos e ata a súa xubilación.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    16 de maio de 2018

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Cogami (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) colaboran no desenvolvemento dun programa de actuacións en lingua galega para que o alumnado que requira unha atención educativa diferente á ordinaria poida acadar o máximo desenvolvemento posible das súas capacidades.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    16 de maio de 2018

    O 17 de maio celébrase o Día de Internet en Éuscaro, unha xornada para reflexionar sobre a presenza desta lingua na rede, onde se utiliza cada vez máis grazas á implantación do dominio .eus.

    Fonte: Eitb

    16 de maio de 2018

    Na páxina web do Instituto da Lingua Galega xa se pode consultar o novo corpus lingüístico Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna, un proxecto que inclúe a produción escrita en galego ao longo dos séculos XVI, XVII e XVIII.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    16 de maio de 2018

    Os resultados dunha enquisa elaborada polo diario Malta Today revelou que a maior parte dos malteses escollen o maltés e non o inglés como lingua de preferencia na maior parte das situacións da vida diaria.

    Fonte: Malta Today

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder