Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    21 de maio de 2018

    A décimo primeira edición da Conferencia da Lingua Chinesa nos EUA, celebrada na cidade de Salt Lake City, chegou á súa fin cunha conclusión clara: o interese por aprender o chinés entre os estadounidenses é cada vez maior e vese obstaculizado pola escaseza de profesionais que poidan ensinalo.

    Fonte: Xinhua

    21 de maio de 2018

    Un estudo realizado na Universidade de Washington (EUA) revelou que as habilidades de natureza lingüística como a sintaxe e o vocabulario poden axudar a obter un bo rendemento académico no resto de materias do currículo.

    Fonte: Futurity

    21 de maio de 2018

    Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, ademais de reivindicar a figura da autora homenaxeada, María Victoria Moreno, aproveitouse para reclamar espazos, dereitos e facilidades para os falantes de galego do Bierzo.

    Fonte: La Nueva Crónica

    21 de maio de 2018

    A nova regulación facilitaría a chegada á comarca de secretarios de carreira ás xunta veciñais, o que podería supoñer un risco para a supervivencia do uso oral do galego no funcionamento das alcaldías de barrio da zona.

    Fonte: InfoBierzo

    21 de maio de 2018

    O obxectivo desta festa é asegurar na escola pública un coñecemento do éuscaro como idioma de convivencia e inclusión social.

    Fonte: eitb

    21 de maio de 2018

    O certame escolar OUFF Escola, convocado polo Concello de Ourense e o Festival de Cine Internacional de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, ten como obxectivo impulsar o uso do galego entre a xente nova, fomentar a creatividade audiovisual e promover o traballo en equipo.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    21 de maio de 2018

    Dende a Generalitat a Consellería de Educación e Cultura pon en marcha unha norma para crear unha rede pública de servizos, mediante a cal se quere favorecer o uso do valenciano nos municipios. O obxectivo deste decreto será a regulación dos servizos xa existentes nas universidades e nas entidades locais.

    Fonte: Levante

    21 de maio de 2018

    Rubio acaba de lanzar a súa primeira colección de cadernos en lingua galega debido á crecente demanda por parte de docentes e pais, que se suman así aos xa existentes en valenciano e catalán.

    Fonte: Praza Pública

    18 de maio de 2018

    A asociación neerlandesa Beter Onderwijs Nederland (BON) quere presentar unha demanda a varias institucións públicas de ensino pola crecente impartición de cursos en inglés nos Países Baixos.

    Fonte: NL Times

    18 de maio de 2018

    Guinea Ecuatorial reitera o seu compromiso coa Comunidade de Países de Lingua Portuguesa e rexeita as críticas que puñan en dúbida o seu apoio ao portugués.

    Fonte: Mundo Lusíada

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder