A nova aplicación, Cambly, é das poucas que conta con profesores nativos titulados, ingleses e estadounidenses, que ensinan en liña a través de videochamada.
Fonte: Androidphoria
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A nova aplicación, Cambly, é das poucas que conta con profesores nativos titulados, ingleses e estadounidenses, que ensinan en liña a través de videochamada.
Fonte: Androidphoria
O vindeiro 30 de marzo de 2019 como moi tarde deberá producirse a saída do Reino Unido da Unión Europea. Isto fará que o inglés deixe de ser unha das 24 linguas oficiais da UE, o que deixará aberta a posibilidade de que o francés se converta na lingua de traballo das institucións europeas.
Fonte: TV5 Monde
O pasado sábado 11 de agosto presentouse na Coruña o número 1 da revista de banda deseñada A Viñeta de Schrödinger, editada pola Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, no marco do Festival Viñetas desde o Atlántico.
O Consello Comarcal do Bierzo vai incorporar o galego ao seu sitio web grazas ao traballo do colectivo cultural Fala Ceibe, que está a enviarlle léxico nesta lingua ao ente comarcal para facilitarlle o traballo.
Fonte: Galicia Confidencial
O barrio do Arrabal de Zaragoza xa conta cunha nova placa na que figura a denominación tradicional: carrera Navaters de Roncal. Esta modificación súmase a outros quince nomes históricos que recuperan referencias a actividades e topónimos altoaragoneses.
Fonte: El Periódico
Este Concello ten como obxectivo normalizar o éuscaro e incrementar o seu coñecemento e a súa utilización por parte dos veciños. Para iso, a dotación orzamentaria para este ano ascende a 10 000 euros que se destinarán a unha serie de axudas.
Fonte: Noticias de Álava
O Concello puxo en marcha o sexto Plan para normalizar o uso do éuscaro, o cal terá unha vixencia de cinco anos e ten como obxectivo que esta lingua sexa utilizada en todos os ámbitos.
Fonte: ABC
Despois de orientarse cara o mundo anglófono co establecemento do inglés como lingua do ensino, Ruanda cambiou de postura nos últimos anos cun impulso ao retorno do francés e unha defensa do bilingüismo cos idiomas locais, o kinyarwanda e o suahili.
Fonte: TV5 Monde
Segundo unha enquisa realizada recentemente, só o 20 % das nenas e nenos estuda máis dunha lingua nos EUA, dato que contrasta co que acontece en países como Noruega ou Francia, onde esta porcentaxe se eleva ata o 100 %.
A lei relativa á promoción do luxemburgués entrou en vigor o pasado 7 de agosto. Malia isto, faltan por cubrir dous postos no Centro para a Lingua Luxemburguesa: un para a dirección do centro e outro de comisario/a desta lingua.
Fonte: Paperjam
Subscríbase ao boletín