Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de maio de 2018

    A asociación Karrikiri leva fomentando durante máis de 20 anos o uso da lingua vasca en Pamplona con diferentes iniciativas como bolsas de emprego, busca de pisos entre xente que fale éuscaro, listaxe de comercios euscaldúns e un servizo de tradución.

    Fonte: Noticias de Navarra

    08 de maio de 2018

    A enciclopedia de música catalá Viasona estreou unha nova páxina web coa que queren dar unha visión global do sector da música en catalán. O novo espazo incorpora unha sección de actualidade e mellora o acceso á enciclopedia xa existente.

    Fonte: El Nacional

    08 de maio de 2018

    Os Premios Fouciño, convocados polo Concello de Zas, teñen como obxectivo recoñecer o talento creativo no ámbito audiovisual e fomentar o uso do galego na rede. Para participar, cómpre elaborar unha curtametraxe, cunha duración máxima de 5 minutos, de temática libre e gravada en galego ou con subtítulos en nesta lingua.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    08 de maio de 2018

    A alcaldesa de París, Anne Hidalgo, impúxose aos outros dous finalistas do I Premio Lorca, Guerra da Cal, Blanco Amor -os alcaldes de Los Ángeles, Eric Garcetti, e de Palermo, Leoluca Orlando-, convocado polo Casino de Santiago en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    08 de maio de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e mais o delegado territorial da Xunta Ovidio Rodeiro participaron no IES Maruxa Mallo de Ordes na solta do globo de helio de MarumaSat III.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    08 de maio de 2018

    A V Carreira Camiño das Letras volverá unir o famoso Pico Sacro coa Cidade da Cultura de Galicia o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, dedicado a María Victoria Moreno.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    08 de maio de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado territorial José Manuel Balseiro participaron na presentación do libro Nosa Señora das Virtudes.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    07 de maio de 2018

    O escritor sudanés Abdel Aal Hemat demandoulles ás autoridades de Exipto que inclúan o ensino da lingua nubia no currículo oficial xa que forma parte do legado histórico das culturas do Sudán e Exipto.

    Fonte: Egypt Today

    07 de maio de 2018

    Un grupo de especialistas do Encontro de Profesores de Lingua Portuguesa, celebrado en Barcelona, estableceu que o portugués aínda é considerado maioritariamente unha lingua periférica alén das fronteiras de Portugal, incluso en países como España.

    Fonte: Folha de São Paulo

    07 de maio de 2018

    Lansarean, a primeira aplicación en éuscaro para buscar traballo, conta xa con 4000 ofertas, 400 empresas e 2900 usuarios. Foi lanzada por Bai Euskarari Elkartea coa intención de dirixirse aos profesionais que buscan traballo e ás empresas que ofrecen oportunidades laborais.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder