Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de maio de 2018

    Concha Díaz, presidenta da Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE), propuxo na Comisión para as Políticas Integrais da Discapacidade que as linguas de signos españolas sexan recoñecidas como Ben Inmaterial de Interese Cultural debido á desprotección que sofren as persoas que as empregan.

    Fonte: La Vanguardia

    07 de maio de 2018

    O Concello de Vigo organiza dúas actividades de promoción do uso oral do galego a través da creación poética ao longo do mes de maio. Trátase do Obradoiro de slam e do Obradoiro de creación e interpretación poética, ambos dirixidos a persoas maiores de 16 anos e impartidos por Silvia Penas.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    07 de maio de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou no Pazo de San Roque, sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a IV Xornada Día das Letras Galegas, organizada polo departamento que el dirixe en colaboración co Centro autonómico de Formación e Innovación (CAFI).

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    07 de maio de 2018

    Un grupo de 157 alumnos e alumnas, residentes nas comarcas galegofalantes do Bierzo e de Sanabria, acompañados de profesorado de 11 dos 19 centros adscritos ao Programa de Promoción da Lingua Galega no Bierzo e en Sanabria enmarcado no Protocolo Xeral de Colaboración entre a Xunta de Galicia e a Junta de Castela e León rematan a visita de estudos que os trouxo a Galicia para achegarse de primeira man á lingua e a cultura galegas.

    04 de maio de 2018

    Tal e como se desprende dos orzamentos para o período 2021-2027, a UE non ten a intención de reducir o uso do inglés nas súas reunións e documentación unha vez que o Reino Unido abandone a Unión.

    Fonte: The Guardian

    04 de maio de 2018

    O Goberno do País de Gales aprobou unha nova norma que lles permitirá ás empresas de pequeno tamaño acollerse a axudas para traduciren contidos como carteis, menús ou mensaxes en redes sociais.

    Fonte: Daily Post

    04 de maio de 2018

    Un grupo de sacerdotes e bispos lusófonos avoga pola oficialización da lingua portuguesa nos sínodos dos bispos no Vaticano.

    Fonte: Diário de Notícias

    04 de maio de 2018

    O Ministerio de Traballo de Indonesia quere reintroducir a norma que obriga as persoas estranxeiras a falaren indonesio para poder traballar no país asiático.

    Fonte: The Jakarta Post

    04 de maio de 2018

    No marco da xornada Lingua, medios públicos e dobraxe, organizada polo Consello da Cultura Galega, o investigador Håkan Casares presentou unha serie de datos estatísticos de diversas fontes sobre indicadores económicos, de titularidade, de distribucións dos medios e das preferencias do público.

    Fonte: Culturagalega.org

    04 de maio de 2018

    O Goberno vasco e a Autoridade Portuaria firmaron un convenio de catro anos de duración para lograr un maior uso do éuscaro mediante a súa promoción e normalización.

    Fonte: Deia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder