A Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura achegará 60 000 euros para a promoción e o coñecemento do aranés.
Fonte: Gencat
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura achegará 60 000 euros para a promoción e o coñecemento do aranés.
Fonte: Gencat
A obra de María Victoria Moreno chegará na semana das Letras aos fogares galegos a través da programación da Televisión Galicia, coa emisión de pequenas pezas audiovisuais realizadas a partir do conto A festa no faiado e da novela xuvenil Anagnórise, dúas obras representativas da autora homenaxeada este ano polo 17 de maio.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Goberno de Taiwán está elaborando unha lei que pretende modificar o significado de lingua nacional. Se se aproba a medida, a lingua vernácula da illa de Taiwán pasaría a ter a mesma consideración que o chinés mandarín.
Fonte: Quartz
A rede social Twitter recoñeceu o suahili, unha das linguas africanas máis faladas. A partir de agora a plataforma ofrecerá soporte e tradución nesta lingua.
Fonte: CNN
O vindeiro 17 de maio celebrarase en San Sebastián a terceira edición do Día de Internet en Éuscaro, que porá o foco nos móbiles para coñecer que modelos poden utilizarse en lingua vasca.
Fonte: EITB
"O galego, a miña lingua propia" é o nome do novo programa de dinamización e promoción lingüística da Deputación da Coruña destinado á mocidade que percorrerá 43 concellos da provincia.
Fonte: Deputación da Coruña
O estudo realizado pola Plataforma pola Lingua destacou que tan só o 32% das notarías de Cataluña ofrécelles aos seus clientes escoller o catalán para a redacción de escrituras. Isto contrasta co dato de que o 51,1% da clientela afirmou falar catalán na súa vida cotiá.
Fonte: La Vanguardia
O alumnado do IES da Pobra do Caramiñal e do Colexio Fogar de Santa Margarida da Coruña, integrantes do proxecto "21 días co galego", acudiu á RAG para participar nos Encontros coa xente nova, unha iniciativa para achegarse, principalmente, á mocidade co obxectivo de reflexionar e debater sobre o presente e o futuro do galego.
Unha escola de Aberdeen, en Escocia, creará un centro de ensino de chinés que promoverá a aprendizaxe desta lingua entre os escolares de primaria e que contribuirá a acadar os obxectivos establecidos polo Goberno de Escocia para que todo o alumnado do ensino público poida estudar dúas linguas diferentes ao seu idioma materno antes de 2020.
Fonte: Evening Express
O secretario xeral das Nacións Unidas, António Guterres, prometeu reforzar o portugués como lingua global e loitar contra a uniformidade cultural e lingüística do mundo actual.
Fonte: RTP
Subscríbase ao boletín