A Deputación da Coruña convoca unha nova edición do concurso de música infantil e xuvenil "Quero Cantar", cuxa finalidade é fomentar o uso da lingua galega, así como a creatividade poética e musical.
Fonte: CTNL
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Deputación da Coruña convoca unha nova edición do concurso de música infantil e xuvenil "Quero Cantar", cuxa finalidade é fomentar o uso da lingua galega, así como a creatividade poética e musical.
Fonte: CTNL
Ucraína e Bulgaria asinaron unha declaración que permitirá que as persoas da minoría búlgara residentes en Ucraína poidan aprender tamén a súa lingua materna no ensino público.
Fonte: UNIAN
A tribo Bora que vive en zonas selváticas de Colombia e o Perú emprega unha lingua sofisticada baseada en sons de tambores para comunicarse con outros membros da comunidade situados a un máximo de 20 km de distancia.
Fonte: New Scientist
A Facultade de Letras da Universidade de Lisboa ofrecerá, por primeira vez no ensino superior de Portugal, un curso de lingua armenia que axudará a estreitar relacións entre o país luso e a nación do Cáucaso.
Fonte: Diário de Notícias
Segundo os últimos estudos realizados, pouco máis da metade da poboación de Mozambique pode expresarse en portugués e é frecuente que este idioma se empregue mesturado con outras linguas vernáculas.
Fonte: Folha de São Paulo
O gravado, de principios do século XV, encóntrase en dúas tellas encontradas en Castro Caldelas que se depositarán no futuro museo antropolóxico da Ribeira Sacra, cuxa apertura está prevista para xullo. A importancia desta inscrición reside en que se trata do documento epigráfico en barro máis antigo en lingua galega.
Fonte: La Región
Cadernos de lingua, publicación da Real Academia Galega nacida en 1990, chega ao número 36 coa estrea dunha plataforma web que axudará a impulsar a difusión das investigacións sobre a lingua galega a nivel internacional.
Centros de ensino secundario de 43 concellos coruñeses acollerán as actividades de fomento do galego organizadas pola Deputación da Coruña no marco da campaña "O galego: a miña lingua" que ten como obxectivos potenciar o uso desta lingua entre a xente nova e fortalecer a súa identidade lingüística.
Fonte: Deputación da Coruña
O Goberno de Aragón impulsará o desenvolvemento dun dicionario e un tradutor en liña da lingua aragonesa. Esta acción enmárcase dentro do programa POCTEFA Linguatec de dixitalización e defensa das linguas minoritarias europeas.
Fonte: Heraldo
Unha nova iniciativa, presentada a través da plataforma change.org, propón modificar a denominación da súa lingua propia no Estatuto de Autonomía, adoptando a de lingua baleárica en lugar de lingua catalá.
Fonte: La Vanguardia
Subscríbase ao boletín