Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    25 de abril de 2018

    A partir deste 25 de abril de 2018 comezan as emisións en probas da nova canle de televisión pública da Comunidade Valenciana, À Punt, na que se emitirá unha ampla variedade de contidos para todo tipo de públicos en lingua valenciana.

    Fonte: Fórmula TV

    25 de abril de 2018

    O CGAC acolleu a rolda de prensa de presentación da Memoria de actividades de Cultura da Xunta de Galicia 2017, unha publicación na que se resumen os eixes da actividade cultural realizada ou participada o pasado ano desde o Goberno autonómico.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    25 de abril de 2018

    A Xunta de Galicia, en colaboración coa compañía Baobab Teatro, levou a escena o espectáculo teatral "Pum, pum!", unha obra que representa historias cotiás que lles acontecen aos menores e a través da cal se transmite a mensaxe aos nenos e nenas que asisten á función de que ninguén pode obrigalos a facer cousas que non queren.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    25 de abril de 2018

    A organización Plataforma pola Lingua puxo en marcha a campaña 'El català, llengua comuna' para defender o uso da lingua catalá como un elemento de cohesión social. A iniciativa contará coa colaboración de numerosas figuras representativas do ámbito político, cultural e dos medios de comunicación.

    Fonte: Gen Cat

    24 de abril de 2018

    Un conxunto de escolas anglófonas de Quebec uniuse para lanzar o sitio web "Accent Québec" que pretende fomentar o uso e a fluidez en francés dos escolares que reciben o ensino en inglés.

    Fonte: Montreal Gazette

    24 de abril de 2018

    Un home da República de Tatarstán que presentou unha queixa para demandar ser atendido na lingua tártara é represaliado por un delito de incitación ao odio.

    Fonte: Radio Free Europe/Radio Liberty

    24 de abril de 2018

    A manifestación do 17 de maio deste ano terá como lema "En galego día a día" e percorrerá as rúas de Santiago de Compostela a partir das 12 da mañá.

    Fonte: Queremos Galego

    24 de abril de 2018

    O Informe sobre datos da edición en Galicia 2006-2016 conclúe, entre outros aspectos, que neste período se publicaron menos títulos, as tiraxes foron menores e diminuíron as axudas institucionais ao libro galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    24 de abril de 2018

    O 24 de abril celébrase a 15ª edición dos Alcuentros de la Mocedá cola Llingua, unha xornada lúdico-pedagóxica que ten como obxectivo pór en contacto a mocidade coa lingua asturiana, promovendo o seu uso fóra das aulas.

    Fonte: La Nueva España

    24 de abril de 2018

    A Xunta de Galicia impulsa a candidatura Illas Cíes-Parque Nacional Illas Atlánticas a Patrimonio Mundial da Unesco entre os máis pequenos cunha actividade de lecer ao aire libre da man dos seus personaxes preferidos, os Bolechas, que son un referente tanto de dinamización lingüística coma de literatura infantil de éxito.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder