O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez; e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; presentaron o documento marco do que vai ser o primeiro Plan de dinamización da lingua galega na mocidade, en palabras do responsable do departamento educativo da Xunta de Galicia, “o tronco sobre o que imos traballar Xunta de Galicia e sectores máis directamente implicados”.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Parlamento vasco solicitoulle ao Goberno central que o coñecemento das linguas oficiais, como o caso do éuscaro, se teña en conta coma un mérito nos postos da oferta pública de emprego nos que o uso destes idiomas sexa indispensable.
Fonte: Cope
O 15 de abril celebrouse a primeira festa pola lingua valenciana do 2018 no municipio de Rafelguaraf, á que asistiron máis de 30 000 participantes. Durante o encontro realizáronse talleres e actividades lúdicas para os máis novos, e xa están programados novos encontros noutros puntos da xeografía valenciana ata o vindeiro 9 de xuño.
Fonte: Levante
O municipio portugués de Chaves, limítrofe coas terras de Monterrei en Ourense, conmemorará os 530 anos do primeiro libro publicado en portugués, o Sacramental, publicado en 1488.
Fonte: Notícias de Vila Real
China acaba de lanzar un sitio web en chinés e inglés para que os cidadáns e estranxeiros que viven no país asiático poidan axudar a combater os casos de espionaxe.
Fonte: The Telegraph
A nova versión das aplicacións do Dicionario da Real Academia Galega para Android e iOS introduce as modificacións solicitadas polos usuarios e usuarias, así como funcións xa incluídas na versión web desta ferramenta.
As andainas lingüísticas teñen como obxectivo que as persoas participantes aprendan e practiquen distintas linguas nun contexto informal. Nesta nova edición os idiomas que se poderán practicar son o inglés, o checo, o alemán e o francés.
O Instituto Portugués de Oriente de Macau levará cabo unhas xornadas para promover a lectura en lingua portuguesa entre a poboación máis nova.
Fonte: Sapo 24
A compañía aérea Hawaiian Airlines introduciu o uso da lingua hawaiana nos anuncios e instrucións orais dos seus voos comerciais.
Fonte: USA Today
Un total de 114 persoas presentouse ás probas de lingua catalá da convocatoria extraordinaria organizada pola Escola Balear da Administración Pública, na que soamente puido participar o persoal do Servizo de Saúde.
Fonte: 20 Minutos
Boletín
Subscríbase ao boletín
