Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    16 de abril de 2018

    A Mesa pola Normalización Lingüística levaralle ao Parlamento unha iniciativa de fomento do uso do galego no sector audiovisual. Trátase dunha das medidas aprobadas na súa asemblea xeral para o ano 2018.

    Fonte: La Opinión

    16 de abril de 2018

    O colectivo Fala Ceibe remitiulle ao Parlamento Europeo información sobre a situación da lingua galega no Bierzo a través da eurodeputada Ana Miranda. Pretenden así lograr unha maior protección legal para o galego nesta comarca.

    Fonte: Diario de León

    16 de abril de 2018

    A Asociación Sortzen convocou o 15 de abril de 2018 no municipio navarro de Olite unha nova edición da xornada Besarkatu, que a través dunha aperta ten por finalidade felicitar as familias que contribuíron á inmersión lingüística do éuscaro nas escolas públicas da zona media e sur de Navarra.

    Fonte: Noticias de Navarra

    16 de abril de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de descuberta da placa conmemorativa das primeiras sentenzas ditadas en lingua galega nos xulgados de Caldas de Reis polos maxistrados Manuel Pereira Costas, Dalila Dopazo Blanco e Encarna Dasi Dorelle.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    13 de abril de 2018

    A axencia de noticias Mezopotamya informou de que a administración local da cidade turca de Diyarbakır retirou os sinais informativos bilingües kurdo-turco das rúas da localidade.

    Fonte: Ahval News

    13 de abril de 2018

    Macau acollerá a subcomisión que abordará temas sobre a lingua portuguesa entre Portugal e a Rexión Administrativa Especial de Macau. Esta decisión demostra, en palabras do presidente do Instituto Camões, que Macau é un "activo indispensable" na promoción da lingua portuguesa no continente asiático.

    Fonte: PT Jornal

    13 de abril de 2018

    Desde a primavera de 2020, Finlandia comezará a ofertar o ensino da primeira lingua estranxeira no primeiro ano de primaria.

    Fonte: Helsinki Times

    13 de abril de 2018

    De acordo coa nova partida orzamentaria anunciada polo Goberno da República de Irlanda, a cidade de Dublín podería ter un centro especializado na promoción e aprendizaxe da linga gaélica.

    Fonte: The Journal

    13 de abril de 2018

    O Departamento de Cultura da Generalitat apoiará a Asociación Catalá Clúster das Industrias da Lingua Clusterlingua no desenvolvemento de tecnoloxía e de recursos lingüísticos para o sector.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    13 de abril de 2018

    Txikipedia é un proxecto posto en marcha por Euskal Wikilarien Elkartea. Trátase dunha enciclopedia en éuscaro para nenas e nenos de 8 a 13 anos, cuxo léxico e sintaxe se adaptaron a esa franxa de idade para que a súa lectura e comprensión resulten máis doadas.

    Fonte: EITB

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder