Grazas a este programa, denominado Poctefa Linguatec, será posible transferir coñecementos e desenvolver solucións lingüísticas. Así mesmo, permitirá continuar avanzando para crear un clúster transfronteirizo de tecnoloxías lingüísticas.
Fonte: ABC
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Grazas a este programa, denominado Poctefa Linguatec, será posible transferir coñecementos e desenvolver solucións lingüísticas. Así mesmo, permitirá continuar avanzando para crear un clúster transfronteirizo de tecnoloxías lingüísticas.
Fonte: ABC
Esta sesión, impulsada pola Dirección Xeral de Política Lingüística coa colaboración do Instituto de Estudos Araneses e doutras entidades que traballan a prol desta lingua, tratou as políticas e as diferentes iniciativas de fomento do occitano en Cataluña.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Cada vez máis persoas en Hong Kong tentan concentrar os seus esforzos en reverter a crecente substitución lingüística do cantonés polo chinés mandarín. Entre estes individuos están agrupacións voluntarias como Societas Linguistica Hongkongensis (SLH).
Fonte: OZY
A crise migratoria na fronteira dos EUA e México necesitou da axuda dun bo número de intérpretes de linguas menos comúns de México e Guatemala como o zapoteco e varios idiomas maias. O labor destes lingüistas a pé de fronteira foi fundamental para que os inmigrantes puidesen coñecer os seus dereitos.
Fonte: CS Monitor
O Goberno de Singapur quere que os cidadáns do país deixen de falar unha das variedades lingüísticas máis espalladas polo país, o "singlés", un idioma crioulo baseado na lingua inglesa e que se considera de baixo prestixio.
Fonte: Atlas Obscura
A Universidade das Terras Altas e as Illas de Escocia (UHI, polas súas siglas en inglés) acaba de publicar un novo proxecto para a promoción do gaélico escocés. Na súa primeira fase, a institución de educación superior quere que as persoas interesadas dean a súa opinión sobre a iniciativa.
Fonte: The National
A Revista Catalana de Dret Públic incluirá por vez primeira no seu número do mes de xuño un artigo escrito en galego, asinado polo profesor da Universidade de Vigo Xosé Manuel Pacho.
Fonte: Galicia Confidencial
O Parlamento vasco aproba a Lei de formación profesional que ten como obxectivo impulsar un modelo de ensinanza bilingüe en éuscaro e castelán e con maior presenza do inglés.
Fonte: Deia
Google India lanzou o soporte en telugu para os produtos Google AdWords e Google AdSense que permitirá que os anuncios publicitarios cheguen a un maior número de usuarios desta lingua india.
Fonte: The Indu
O castelo de Soutomaior acolleu a cerimonia de entrega dos Premios Lois Peña Novo, que chegan este ano á súa XXIV edición recoñecendo o labor a prol da lingua galega, no eido das administracións públicas, na vida institucional de Galicia e na sociedade en xeral, do filólogo e académico da lingua galega Manuel González González; da escritora María Xosé Queizán; e do xurista Xesús Costas Abreu.
Subscríbase ao boletín