O Voluntariado pola Lingua, impulsado desde a Generalitat de Cataluña, formou nestes quince anos máis de 125 000 parellas lingüísticas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Voluntariado pola Lingua, impulsado desde a Generalitat de Cataluña, formou nestes quince anos máis de 125 000 parellas lingüísticas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Resólvese a convocatoria da Secretaría Xeral de Política Lingüística para realizar proxectos de innovación en dinamización lingüística nos centros de ensino públicos durante o curso académico 2017/2018. Os centros premiados recibirán 2000 euros para executar os seus proxectos.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O obxectivo desta Euskarabentura é que a mocidade afonde na xeografía, a historia, a cultura e as realidades sociolingüísticas dos lugares que visiten.
Fonte: Eitb
Actualmente menos de 500 persoas poden falar córnico con fluidez. Co fin de aumentar esta cifra e asegurar a supervivencia da lingua, algunhas escolas de educación primaria de Cornualles introducen o ensino do córnico como parte do seu currículo.
Fonte: ITV
O presidente de Indonesia, Joko Widodo, aprobou un decreto que simplificará o proceso para poder traballar no país mais introducirá a obriga de aprender formalmente a lingua indonesia.
Fonte: The Straits Times
A cidade angolana de Luanda acolle unha exposición do Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo que pretende mostrar a historia e a diversidade desta lingua no mundo.
Fonte: Notícias ao Minuto
Un estudo científico sobre o ámbito das linguas revela que é normal que as nenas e os nenos educados en varios idiomas os mesturen nos primeiros anos da adquisición lingüística.
Fonte: The Conversation
Algunhas das novas entradas que se incluíron no Dicionario da Real Academia Galega son ciberataque, ciberacoso, conectividade, xestor – a de comunidade, corremundos, microscopia etc., termos que foron sancionados polo Seminario de Lexicografía que ademais revisou preto de 2200 voces desta ferramenta de referencia da lingua galega.
A oficina da comisaria da Lingua Galesa, Meri Huws, publicou unha lista normalizada de nomes de lugar que deberá pór fin ás dúbidas e disputas sobre a súa escritura.
Fonte: BBC
Subscríbase ao boletín