Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    27 de xuño de 2018

    Amazon acaba de facer posible que as persoas que falen árabe poidan adquirir obras nesta lingua en soporte Kindle.

    Fonte: Engadget

    27 de xuño de 2018

    O Departamento de Educación dos Estados Unidos de América incorporou o portugués como lingua destacada no programa de bolsas de estudo. Esta medida permitirá ampliar o número de estudantes de portugués no sistema de ensino e posibilitar que moitos estadounidenses poidan estudar en Portugal.

    Fonte: Sapo 24

    27 de xuño de 2018

    O Diario Oficial de Galicia publicou as resolucións das axudas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para os proxectos de fomento do galego realizados polos centros de ensino non universitario de titularidade privada para o curso escolar 2017/2018.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    27 de xuño de 2018

    A Valedora do Pobo trasladoulle ao Defensor del Pueblo, responsable de garantir os dereitos lingüísticos, as queixas ante as reiteradas dificultades para relacionarse en lingua galega coa Axencia Tributaria. Por este motivo, ante a persistencia destas trabas, vai abrirse unha investigación de oficio.

    Fonte: La Vanguardia

    27 de xuño de 2018

    O Boletín Oficial do Principado de Asturias (BOPA) publicou a convocatoria de dúas liñas de axudas: unha destinada a empresas editoriais, para ampliar a oferta bibliográfica en asturiano; e outra dirixida ás discográficas, co obxectivo de impulsar a música feita nesta lingua.

    Fonte: 20 minutos

    27 de xuño de 2018

    Esquerra Unida esixe que o Parlamento Europeo, o Consello da Unión Europea e a Comisión Europea recoñezan como oficiais as linguas que se inclúen na Carta Europea das Linguas Minoritarias ou Rexionais, entre as que se atopa o valenciano.

    Fonte: Levante

    26 de xuño de 2018

    A mancomunidade de municipios do País Vasco francés, Euskal Elkargoa, aprobou por maioría absoluta recoñecer, xunto ao francés, o éuscaro e o gascón como linguas do seu territorio.

    Fonte: Eitb

    26 de xuño de 2018

    Sae á luz o primeiro volume do dicionario do idioma zapoteco que inclúe vocábulos de 62 variantes desta lingua do estado mexicano de Oaxaca.

    Fonte: Almomento

    26 de xuño de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración do curso "Galego, porta aberta para o mundo", unha acción formativa dirixida pola profesora Teresa Moure e incluída nos cursos de verán da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    26 de xuño de 2018

    O Concello de Soraluze e varias asociacións renovan o convenio 'Gure elkartian be euskaraz bai' co obxectivo de aumentar o uso do éuscaro nestas entidades.

    Fonte: El Diario Vasco

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder