Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    21 de xuño de 2018

    Dos 3309 traballos de fin de grao (TFG) defendidos en 2017 na Universidade de Santiago, 2456 estaban en castelán (74,2%), 725 en galego (21,9%) e 72 en inglés. No caso dos traballos de fin de mestrado (TFM), presentáronse 1164, dos cales 275 (23,5%) estaba en galego e 828 (71%) en castelán.

    Fonte: Sermos Galiza

    20 de xuño de 2018

    A Secretaría de Educación do Estado de Pernambuco (Brasil) participa no programa de intercambio de lingua española e alemá "Ganhe o Mundo" dirixido a alumnado de ensino medio.

    Fonte: Destak

    20 de xuño de 2018

    Grazas a un convenio asinado polos gobernos de Francia e Portugal, o portugués estase afianzando como lingua estratéxica no sistema educativo da República francesa.

    Fonte: Bom dia

    20 de xuño de 2018

    Tal e como recolle o marco legal vixente, o Congreso dos Deputados solicitou que as linguas de signos española e catalá se incorporen ao sistema educativo.

    Fonte: Servimedia

    20 de xuño de 2018

    A Concellería de Política Lingüística entregoulle os premios do certame de narrativa curta en valenciano ao alumnado de Secundaria e Bacharelato dos centros de ensino de Xàtiva.

    Fonte: El Periodic

    20 de xuño de 2018

    Persoal investigador do Centro de Investigación TIC (CITIC) está a participar no proxecto Erasmus Class con outras doce universidades europeas e asiáticas co obxectivo de axudar a universidades de Kazhakhstán e Uzbekistán a desenvolver os seus propios mestrados interdisciplinares en lingüística computacional.

    Fonte: Código Cero

    20 de xuño de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da V Noite Branca de Lalín, que organizan a Asociación de Empresarios do Deza e o Centro Comercial Aberto de Lalín coa participación de 110 establecementos comerciais e hostaleiros.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    19 de xuño de 2018

    O Concello de Vancouver rebautizou dúas prazas do centro da cidade con nomes orixinarios das linguas halkomelem e squamish, faladas polos pobos autóctonos da rexión onde se asenta esta cidade canadense.

    Fonte: City of Vancouver

    19 de xuño de 2018

    O idioma do pobo chuvaxo, falado na República de Chuvaquia, está a sufrir un forte proceso de substitución pola lingua rusa, a pesar de ser oficial en todo o territorio autónomo.

    Fonte: Nationalia

    19 de xuño de 2018

    O Plan de normalización elabórase para fomentar o uso do éuscaro en diferentes ámbitos e áreas de actuación, e para lograr unha maior implicación por parte do persoal municipal.

    Fonte: Deia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder