A Secretaría Xeral de Política Lingüística convocou a través do Diario Oficial de Galicia (DOG nº 99 do 25 de maio) catro prazas noutros tanto lectorados de lingua, literatura e cultura galegas da Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos da Xunta. Trátase de dúas prazas en lectorados de lingua, literatura e cultura galegas das universidades do País Vasco e de Oxford (Reino Unido) e doutras dúas bolsas de formación nos lectorados de París (Francia) e San Paulo (Brasil).
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Consellería de Cultura, Participación e Deportes fixo unha consulta previa entre a cidadanía para recadar a súa opinión sobre o proxecto para crear a Oficina de Defensa dos Dereitos Lingüísticos, cuxo obxectivo será protexer a poboación en situacións de vulnerabilidade lingüística.
Fonte: La Vanguardia
A campaña, impulsada pola Associação de Docentes de Português na Galiza, ten como obxectivo animar o alumnado de secundaria a estudar a materia de lingua portuguesa.
Fonte: Galicia Confidencial
Case 300 imaxes participaron na terceira edición do certame Fotolingua, unha iniciativa á que se presentaron fotografías de establecementos de Santiago que utilizan o galego nas súas comunicacións.
Miles de persoas participarán en diferentes iniciativas para promover a difusión e a normalización das linguas de signos españolas.
Fonte: Europa Press
A autoridade unitaria de Monmouthshire (Sir Fynwy, en galés), no sur do País de Gales, dispón só de 30 membros de persoal capaces de ofrecer servizos en galés para un total de 13 900 falantes.
Fonte: Abergavenny Chronicle
As autoridades do Condado de Limerick na República de Irlanda manifestaron a súa vontade de promover o uso do gaélico no ámbito local por medio da contratación dun especialista en lingua irlandesa.
Fonte: Limerick Leader
Facebook acaba de engadir o árabe ás opcións lingüísticas da súa rede social nos dispositivos móbiles de Apple máis actuais.
Fonte: CNET
Algunhas universidades australianas acaban de prohibir termos da lingua inglesa que non se consideran inclusivos desde o punto de vista do xénero como "mankind" (humanidade) e "workmanship" (calidade, habilidade).
Fonte: Newshub
A plataforma Tuterako, integrada por diferentes organizacións que traballan en defensa do éuscaro, constrúese para fomentar, reivindicar e impulsar o uso desta lingua.
Fonte: Noticias de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín
