Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de xuño de 2018

    Xa está en marcha o proxecto para elaborar un dicionario oficial e normativo do galego-asturiano, unha iniciativa impulsada pola Fundación Parque Histórico do Navia e os municipios da zona occidental de Asturias.

    Fonte: Xornal da Mariña

    12 de xuño de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no IES Arcebispo Xelmírez II no acto de entrega do III Premio Ofelia Devesa de Educación Activa, auspiciado por Carlos Lema Devesa e polo instituto compostelán para promover a investigación, a divulgación e a creatividade entre o alumnado de Educación Secundaria e Bacharelato.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    12 de xuño de 2018

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria deu a coñecer a través do seu Portal educativo e mais do Portal da lingua galega a resolución da VII edición dos Premios a curtas de animación en galego ‘Nós tamén creamos!’, convocados conxuntamente coa Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) en colaboración con OQOeditora.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    12 de xuño de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado territorial Ignacio López-Chaves recibiron o alumnado do colexio vigués Apóstolo Santiago-Jesuitas gañador da final internacional do Rallye Matemático sen Fronteiras, celebrado na cidade francesa de Toulouse.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    12 de xuño de 2018

    A conselleira Fanny Tur escribiu unha carta explicando as axudas para fomentar a utilización do catalán nas federacións e clubs deportivos.

    Fonte: El Mundo

    11 de xuño de 2018

    Unha cidadá luxemburguesa presentou perante o Parlamento de Luxemburgo unha petición para que a lingua portuguesa non sexa tida en conta nas ofertas de emprego en Luxemburgo.

    Fonte: Bom dia

    11 de xuño de 2018

    Este novo órgano, que terá entre as súas funcións a participación no proceso de normalización lingüística, e o estudo e o asesoramento en materia de linguas, estará adscrito á Dirección Xeral de Política Lingüística e Xestión do Multilingüismo da Consellería de Educación, Investigación, Cultura e Deporte.

    Fonte: Castellón Información

    11 de xuño de 2018

    Segundo o InformeCAT 2018, o catalán perdeu 300 000 falantes en Cataluña nos últimos dez anos. Como dato positivo sinala que se incrementou nun 5% a cifra de persoas novas que o ten como lingua habitual.

    Fonte: La Vanguardia

    11 de xuño de 2018

    Os centros educativos de Aragón que desexen desenvolver actividades en catalán poderán facelo grazas ao programa Jesús Moncada. Por outro lado, os que queiran realizalas en aragonés teñen á súa disposición os programas Luzía Dueso ou 'O aragonés na aula'.

    Fonte: 20minutos

    11 de xuño de 2018

    As crónicas de Elis Gruffudd, escritas en lingua galesa entre 1550 e 1552, acaban de recibir o recoñecemento para entrar no rexistro de obras británicas de patrimonio da Unesco.

    Fonte: BBC

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder