O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na Casa da Matanza no acto de entrega de Premios Rosalía de Castro de Poesía Escolar.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na Casa da Matanza no acto de entrega de Premios Rosalía de Castro de Poesía Escolar.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de homenaxe a José María Mosqueira Manso.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Rande na presentación da primeira novela da colección Lectura Fácil de Galaxia: 20.000 leguas baixo os mares, do escritor francés Jules Verne. A publicación, impulsada pola Asociación Juan XXIII de apoio ás persoas con discapacidade e editada por Galaxia, conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
A Universidade de Tallin e o Centro Estoniano de Investigación Aplicada elaboraron un estudo que revela que case a metade dos estranxeiros residentes non consegue demostrar un bo dominio falado e escrito en lingua estoniana.
Fonte: ERR
A organización sen ánimo de lucro Lingo Flamingo de Glasgow (Escocia) imparte clases de linguas estranxeiras a persoas anciás para tratar o problema da demencia.
Fonte: Glasgow Live
A editorial Oxford University Press informou de que o videoxogo Fortnite está influenciando dun modo importante o xeito de falar dos nenos e nenas británicos de idades entre os 5 e os 13 anos.
Fonte: IGN
Unha conferencia analiza en Londres a influencia do portugués na música, na lingua e na literatura de países de América do Sur, Asia e África.
Fonte: Diário de Notícias
A iniciativa "Vigo Arrólate", que se desenvolverá entre o 2 e o 30 de xullo, ten como obxectivo impulsar a transmisión do galego no ámbito familiar a través de contos, xogos e música.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O alumnado da comarca presentou un total de 478 traballos creativos en diferentes xéneros (narrativa, poesía e boktube) ao Certame Interescolar María Markotegi.
Fonte: Noticias de Navarra
A Xunta Cualificadora de Coñecementos de Valenciano (JQCV) rexistrou máis de 23 000 matrículas para unhas probas de valenciano que, por primeira vez, se adaptan ao Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas (MECRL).
Fonte: La Vanguardia
Subscríbase ao boletín