Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de xuño de 2018

    A saída do Reino Unido da Unión Europea incrementou nos últimos tempos o número de estudantes que están interesados en cursar estudos universitarios en inglés en centros de formación neerlandeses. O inglés é tan habitual na instrución universitaria dos Países Baixos que xa hai voces que demandan intervención gobernamental para deter esta tendencia.

    Fonte: South China Morning Post

    04 de xuño de 2018

    Os premios literarios fomentarán a creación literaria en variedade de xéneros (narrativa, poesía, teatro e ensaio) nas linguas propias de Aragón. Trátase do Arnal Cavero (en aragonés) e Guillem Nicolau (catalán), ambos dotados con 3000 euros.

    Fonte: El Confidencial Autónomico

    04 de xuño de 2018

    O IES Marco do Camballón de Vila de Cruces presentou o primeiro número de Marco Numérico, unha revista de carácter anual na que o alumnado do centro que cursa segundo ciclo da ESO e Bacharelato poderá publicar os seus traballos de matemáticas en galego.

    Fonte: Praza Pública

    04 de xuño de 2018

    A Cidade da Cultura de Galicia celebra o sábado 16 de xuño a quinta e última sesión de Nexos desta tempada, na que se analizará a evolución da música popular portuguesa nos últimos 50 anos, desde a irrupción da chamada 'nova canção portuguesa', co Zeca Afonso e Fausto, ata o panorama actual no que o fado foi declarado Patrimonio Inmaterial da Humanidade.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    04 de xuño de 2018

    O Consello da Xuventude, que reúne unha trintena de organizacións, celebrou unha asemblea na que se apoiou expresamente a oficialidade do asturiano.

    Fonte: La Nueva España

    01 de xuño de 2018

    O xefe de Estado de Cabo Verde, José Carlos Fonseca, informou de que Luxemburgo acaba de solicitar a adhesión á Comunidade de Países de Lingua Portuguesa como observador asociado.

    Fonte: Wort.lu

    01 de xuño de 2018

    O ascenso ao número un das listas de éxitos musicais dunha canción coreana revela unha tendencia crecente en que o inglés xa non é a única lingua das cancións máis populares dos EUA.

    Fonte: The Guardian

    01 de xuño de 2018

    Euskarabidea propón que é posible compaxinar a cooficialidade do éuscaro en todo o territorio de forma graduada atendendo a diversidade sociolingüística e garantindo a igualdade de toda a cidadanía.

    Fonte: Noticias de Navarra

    01 de xuño de 2018

    Un estudo desenvolvido en Noruega revelou que os problemas de relación social poden ser máis comúns en nenas e nenos con habilidades lingüísticas máis baixas.

    Fonte: Science Nordic

    01 de xuño de 2018

    Segundo as estimacións do Observatorio da Lingua Portuguesa e tendo en conta as previsións demográficas actuais, o continente africano acollerá no futuro o maior número de falantes de portugués no mundo en detrimento do Brasil.

    Fonte: Observatório da Língua Portuguesa

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder