Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    30 de maio de 2018

    Entre os días 23 de novembro e 3 de decembro celebraranse as xornadas de Euskaraldia que teñen como obxectivo fomentar o uso do éuscaro da cidadanía vasca.

    Fonte: El Correo

    30 de maio de 2018

    O alcalde de Ribeira solicitará un informe para resolver o conflito sobre o topónimo que lle dá nome ao municipio, un conflito que dura anos e que se centra en se debe escribirse con b ou con v, e comprometeuse a acatar o veredicto.

    Fonte: La Voz de Galicia

    29 de maio de 2018

    En visita oficial a Francia, o presidente de Angola, João Lourenço, manifestou o seu interese por integrar a Organización Internacional da Francofonía en calidade de observador ou membro de pleno dereito.

    Fonte: RTP

    29 de maio de 2018

    Co obxectivo de evitar a escaseza de man de obra nalgúns sectores, o Xapón vai aprobar medidas para rebaixar os requisitos lingüísticos de domino do xaponés para facilitar o acceso de estranxeiros ao mercado de traballo.

    Fonte: Nikkei Asian Review

    29 de maio de 2018

    Os premios literarios en asturiano, que presentan varias categorías (novela, ensaio, literatura infantil ou xuvenil e poesía), contribuirán a enriquecer e consolidar esta lingua no ámbito da literatura.

    Fonte: El Digital de Asturias

    29 de maio de 2018

    A Academia Valenciana da Lingua e a Deputación de Castelló fomentarán o uso do valenciano coa divulgación de obras, figuras históricas e tradicións nos municipios da provincia.

    Fonte: Mediterraneo

    28 de maio de 2018

    A cuarta edición do Concurso Tísner de Creación de Xogos en Catalán xa ten gañadores. Trátase dun certame que pretende impulsar a implicación de docentes e alumnado na creación e desenvolvemento de xogos inéditos que fomenten o interese por esta lingua.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    28 de maio de 2018

    A Asociación Trobada organiza un ano máis un encontro col obxectivo de xuntar falantes de aragonés para demostrar que é posible vivir nesta lingua fóra do ámbito familiar e social ao que normalmente se asocia.

    Fonte: AraInfo

    28 de maio de 2018

    O Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela acolleu a celebración da XI Asemblea da Irmandade Xurídica Galega, á que asistiu o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    28 de maio de 2018

    O pasado 26 de maio comezaron na capital de Galicia e en Ponferrada as probas de acreditación do certificado de coñecemento da lingua galega (Celga), nas que están matriculadas 2598 persoas, o que supón un incremento de 929 con respecto á convocatoria do ano 2017.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder