Unha nena de 14 anos de Arabia Saudita inventou un sistema de lectura táctil en lingua árabe para axudar as persoas con discapacidade visual.
Fonte: Al Arabiya
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Unha nena de 14 anos de Arabia Saudita inventou un sistema de lectura táctil en lingua árabe para axudar as persoas con discapacidade visual.
Fonte: Al Arabiya
Xabier Cid recolleu o premio do XXI Certame de Poesía Concello de Carral, pola súa obra As bicis, nun acto no que tamén se presentou o poemario gañador na pasada edición, Das árbores tropicais e do amor, de Xosé Luís Mosquera Camba.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Goberno de Serbia introducirá o ensino en croata nalgúns centros de ensino da cidade de Subotica, na provincia serbia de Voivodina.
Fonte: Total Croatia News
O auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura de Galicia foi escenario da presentación do libro De Gres a Cádiz, obra póstuma do escritor que lle dá nome.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na xuntanza de traballo que os empresarios pertencentes ao Foro Enrique Peinador mantiveron no Pazo de Lestrobe para presentaren propostas e medidas que incidan na galeguización progresiva do ámbito socioeconómico.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director do Festival de Cans, Alfonso Pato, acompañaron o alumnado do CEIP Mestre Rodríguez Xixirei de Santiago de Compostela na súa visita ao XV Festival de Cans.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A pesar das reivindicacións de moitas persoas e da suposta liberdade que existe hoxe en Libia despois da caída de Muanmmar Gaddafi, o tamazight ou bérber aínda non foi recoñecido oficialmente na constitución do país africano.
Fonte: Aljazeera
De acordo con datos da asociación de escolas e centros de ensino de inglés en Irlanda (Marketing English in Ireland), no ano 2017, houbo un incremento do 8 % no número de estudantes internacionais que deciden estudar esta lingua no país celta.
Fonte: Irish Tech News
Arantxa Portabales, Francisco X. Fernández Naval e Marcos Calveiro son os finalistas galegos da XXIV edición do Premio San Clemente Rosalía-Abanca, polas obras Deixe a súa mensaxe despois do sinal, Alba e o mar e O cemiterio dos ingleses, respectivamente, as tres editadas por Galaxia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
No que respecta aos perfís lingüísticos do persoal que traballa na Deputación Foral de Guipúscoa, as porcentaxes son as seguintes: o 82 % ten acreditado os perfís lingüísticos de éuscaro 2, 3 e 4; un 8 % só conta co nivel 1 e o 10 % restante, ningún.
Fonte: Diario Vasco
Subscríbase ao boletín