Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    23 de maio de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou a Teresa Pérez Tilve n​a presentación do libro A carón da máquina.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    23 de maio de 2018

    Kiel-Santiago: Encrucilladas da diversidade lingüística europea aborda a reflexión sobre as linguas de Europa, con ou sen Estado, e foi presentado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    23 de maio de 2018

    Con respecto á publicación de libros en asturiano, o seu declive continúa, aínda que mellorou no ano 2017, cando se sacaron 40 volumes en asturiano, só son dous máis que o ano anterior, pero menos da metade que no 2011.

    Fonte: La Voz de Asturias

    23 de maio de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou ao artista plástico, escritor e xornalista​ Siro López na presentación da obra Castelao na arte europea.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    23 de maio de 2018

    Os usuarios de Apple critican a compañía polo feito de que non quere incorporar no asistente virtual Siri o idioma catalán, despois de que así llo solicitase a Plataforma per la Llengua.

    Fonte: Mundiario

    22 de maio de 2018

    Oficiais do Ministerio de Xustiza da República de Irlanda declararon que se está considerando a introdución dunha proba de lingua para todas aquelas persoas que queiran obter a nacionalidade irlandesa.

    Fonte: Irish Examiner

    22 de maio de 2018

    O Goberno de China condenou o activista tibetano Tashi Wangchuk a cinco anos de cadea por promover pacificamente o uso da lingua tibetana.

    Fonte: Human Rights Watch

    22 de maio de 2018

    O Concello de Pamplona aprobou unha declaración referente á política lingüística na que se insta a continuar traballando para garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía.

    Fonte: Noticias de Navarra

    22 de maio de 2018

    Dous estudantes de Educación Primaria da Universidade de Vigo puxeron en marcha en YouTube "Viva Signos", unha canle de vídeos en lingua de signos na que ensinan vocabulario, entre outros temas, sobre profesións, animais, familias, cores ou días da semana.

    Fonte: Faro de Vigo

    22 de maio de 2018

    Nacen dous novos xornais en galego na provincia de Lugo: LugoXornal, con información da contorna de Lugo e O Bierzo, e Xornal da Mariña, unha iniciativa dixital que fala da realidade da Mariña luguesa.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder