Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    22 de maio de 2018

    Na reunión entre a Academia da Lingua (ALLA) e a Federación Asturiana de Empresarios (FADE), a ALLA explicou que a oficialidade do asturiano suporía un 0,5% dos presupostos autonómicos e impulsaría as bases dunha nova industria cultural en Asturias.

    Fonte: El Comercio

    22 de maio de 2018

    Trescentos escolares de educación primaria de sete centros de ensino de Ourense rendéronlle tributo a Pura Vázquez no centenario do seu nacemento, no acto "Pura Vázquez, pioneira da literatura infantil, mestra exemplar", organizado pola Fundación Ínsua dos Poetas en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Deputación de Ourense.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    22 de maio de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado territorial Ovidio Rodeiro participaron na presentación do Ciclo da Mitoloxía e Sacralidade do Pico Sacro.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    21 de maio de 2018

    A décimo primeira edición da Conferencia da Lingua Chinesa nos EUA, celebrada na cidade de Salt Lake City, chegou á súa fin cunha conclusión clara: o interese por aprender o chinés entre os estadounidenses é cada vez maior e vese obstaculizado pola escaseza de profesionais que poidan ensinalo.

    Fonte: Xinhua

    21 de maio de 2018

    Un estudo realizado na Universidade de Washington (EUA) revelou que as habilidades de natureza lingüística como a sintaxe e o vocabulario poden axudar a obter un bo rendemento académico no resto de materias do currículo.

    Fonte: Futurity

    21 de maio de 2018

    Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, ademais de reivindicar a figura da autora homenaxeada, María Victoria Moreno, aproveitouse para reclamar espazos, dereitos e facilidades para os falantes de galego do Bierzo.

    Fonte: La Nueva Crónica

    21 de maio de 2018

    A nova regulación facilitaría a chegada á comarca de secretarios de carreira ás xunta veciñais, o que podería supoñer un risco para a supervivencia do uso oral do galego no funcionamento das alcaldías de barrio da zona.

    Fonte: InfoBierzo

    21 de maio de 2018

    O obxectivo desta festa é asegurar na escola pública un coñecemento do éuscaro como idioma de convivencia e inclusión social.

    Fonte: eitb

    21 de maio de 2018

    O certame escolar OUFF Escola, convocado polo Concello de Ourense e o Festival de Cine Internacional de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, ten como obxectivo impulsar o uso do galego entre a xente nova, fomentar a creatividade audiovisual e promover o traballo en equipo.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    21 de maio de 2018

    Dende a Generalitat a Consellería de Educación e Cultura pon en marcha unha norma para crear unha rede pública de servizos, mediante a cal se quere favorecer o uso do valenciano nos municipios. O obxectivo deste decreto será a regulación dos servizos xa existentes nas universidades e nas entidades locais.

    Fonte: Levante

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder