Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    15 de maio de 2018

    A Estaya de la Llingua organiza un período de visitas guiadas en asturiano que terá lugar o venres 18 de maio. O obxectivo será dar a coñecer lugares e contornos naturais da cidade.

    Fonte: La Voz de Avilés

    15 de maio de 2018

    As empresas mercantís do sector editorial poden solicitar desde o 12 de maio e ata o 11 de xuño as axudas á edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares e complementarios destes para os niveis non universitarios convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    15 de maio de 2018

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Universidade de Vigo (UVigo) entregaron os Premios de Poesía, Relato Curto e Tradución Literaria 2018, no marco da celebración das Letras Galegas e do convenio de colaboración asinado polas dúas institucións en materia de normalización lingüística.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    14 de maio de 2018

    O primeiro ministro de Portugal, António Costa, anunciou a apertura dun Centro de Estudos de Lingua e Cultura Portuguesas na cidade canadense de Toronto.

    Fonte: Diário de Notícias

    14 de maio de 2018

    A presidenta do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa, Margarita Correia, afirmou que Guinea Ecuatorial non mostra unha vontade real de promover a lingua portuguesa dentro das súas fronteiras.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    14 de maio de 2018

    O Concello de Carballo acaba de poñer en marcha "En galego, ti tes a licenza!", unha iniciativa para animar a usar o galego libremente en todos os ámbitos por persoas de todas as idades.

    Fonte: Concello de Carballo

    14 de maio de 2018

    O conselleiro de Cultura e Política Lingüística, Bingen Zupiria, salienta que o éuscaro vive un momento relevante, por varias razóns. Acaba de publicarse un libro, Historia de la lengua vasca, que relata a evolución da lingua ao longo dos séculos. Tamén se resaltou a importancia do proxecto Euskaraldia, que se vai poñer en marcha en 2018.

    Fonte: La Vanguardia

    14 de maio de 2018

    A Alianza para a Diversidade Lingüística, á que pertence o proxecto Idiomas en Perigo de Extinción, mantén actualizado un mapa interactivo que informa sobre a situación de cada lingua, no cal o aragonés figura no máximo nivel de alerta.

    Fonte: Heraldo

    14 de maio de 2018

    O Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo conta cunha nova versión do Cluvi, un banco de traducións de libre acceso con 47 millóns de palabras, cuxas novidades máis salientables son a renovación do sistema de consulta e a ampliación da súa base documental na que figura a primeira Biblia multilingüe dispoñible para o galego.

    Fonte: Universidade de Vigo

    14 de maio de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participa no acto de descuberta da placa conmemorativa das primeiras sentenzas ditadas en lingua galega nos xulgados de Lalín polos maxistrados Paz Filgueira, Rosa García Prado e José Gómez Rey.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder