Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de febreiro de 2018

    Do 21 de febreiro ao 1 de marzo de 2018, organizaranse diversos talleres a través dos que achegar á xente temas innovadores e de actualidade en lingua vasca. Trátase dunha iniciativa dos centros de formación de ensinanza do éuscaro, os euskaltegis, que buscan que os alumnos sintan seguridade á hora de utilizar a súa lingua.

    Fonte: El Diario Vasco

    13 de febreiro de 2018

    Un proxecto de clases extraescolares de inglés desenvolvido na cidade estadounidense de Pittsburgh (Pensilvania) busca facilitar a integración dos fillos e fillas de persoas refuxiadas de Siria, Iraq e República Democrática do Congo no sistema educativo.

    Fonte: WESA

    13 de febreiro de 2018

    A Casa Branca leva sen ofrecer o seu sitio web en español desde que Donald Trump foi declarado presidente dos EUA e a responsable dos medios de comunicación, Helen Aguirre, non é quen de confirmar se existe un proxecto para traducila a esta lingua no futuro.

    Fonte: Quartz

    13 de febreiro de 2018

    Unha publicación recollerá os aspectos legais, sociais e lingüísticos dos nomes e apelidos galegos que centraron a II Xornada de Onomástica Galega celebrada o pasado mes de setembro no Museo de Pontevedra.

    13 de febreiro de 2018

    A Facultade de Tradución e Interpretación da Universidade Pompeu Fabra (UPF) de Barcelona, en colaboración coa Federación de Persoas Xordas de Cataluña (FESOCA,) organizan a sexta edición do Premio UPF-FESOCA, que ten como finalidade fomentar o uso normalizado da lingua de signos catalá.

    Fonte: Llengua Catalana

    13 de febreiro de 2018

    O 28 de febreiro de 2018 dá comezo no concello asturiano de Corvera unha nova edición do taller 'Escrifala', que terá como obxectivo a práctica da lingua asturiana oral e escrita. Deste xeito, os asistentes, aos que se lles recomenda dispor dun coñecemento previo da lingua, poderán explorar novas expresións e formas de comunicación.

    Fonte: Asturies

    12 de febreiro de 2018

    O Instituto Politécnico de Macau (IPM) creou a aplicación para dispositivos móbiles "Diz lá", pensada para estudantes chineses que aprendan portugués.

    Fonte: Sapo 24

    12 de febreiro de 2018

    Os últimos datos ofrecidos polo informe PISA (Programa Internacional para a Avaliación de Estudantes) mostran que os escolares islandeses teñen menos destrezas á hora de entender e interpretar textos na súa lingua materna.

    Fonte: The Reykjavik Grapevine

    12 de febreiro de 2018

    Aragón celebra o 21 de febreiro a xornada Día da Lingua Materna, a través da que darlle visibilidade á lingua aragonesa e promover a diversidade cultural. Realizaranse unhas 120 actividades en 63 localidades aragonesas, con accións como teatro infantil, conferencias, concertos, xornadas de poesía e moitas máis.

    Fonte: AraInfo

    12 de febreiro de 2018

    As axudas para a dinamización lingüística da Deputación de Pontevedra están dirixidas aos concellos e outras entidades locais da provincia, que poderán elixir entre dúas opcións: a creación ou mantemento do Servizo de Normalización Lingüística, ou a promoción e desenvolvemento de programas de dinamización do galego.

    Fonte: Deputación de Pontevedra

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder