O escritor sudanés Abdel Aal Hemat demandoulles ás autoridades de Exipto que inclúan o ensino da lingua nubia no currículo oficial xa que forma parte do legado histórico das culturas do Sudán e Exipto.
Fonte: Egypt Today
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O escritor sudanés Abdel Aal Hemat demandoulles ás autoridades de Exipto que inclúan o ensino da lingua nubia no currículo oficial xa que forma parte do legado histórico das culturas do Sudán e Exipto.
Fonte: Egypt Today
Un grupo de especialistas do Encontro de Profesores de Lingua Portuguesa, celebrado en Barcelona, estableceu que o portugués aínda é considerado maioritariamente unha lingua periférica alén das fronteiras de Portugal, incluso en países como España.
Fonte: Folha de São Paulo
Lansarean, a primeira aplicación en éuscaro para buscar traballo, conta xa con 4000 ofertas, 400 empresas e 2900 usuarios. Foi lanzada por Bai Euskarari Elkartea coa intención de dirixirse aos profesionais que buscan traballo e ás empresas que ofrecen oportunidades laborais.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Concha Díaz, presidenta da Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE), propuxo na Comisión para as Políticas Integrais da Discapacidade que as linguas de signos españolas sexan recoñecidas como Ben Inmaterial de Interese Cultural debido á desprotección que sofren as persoas que as empregan.
Fonte: La Vanguardia
O Concello de Vigo organiza dúas actividades de promoción do uso oral do galego a través da creación poética ao longo do mes de maio. Trátase do Obradoiro de slam e do Obradoiro de creación e interpretación poética, ambos dirixidos a persoas maiores de 16 anos e impartidos por Silvia Penas.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou no Pazo de San Roque, sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a IV Xornada Día das Letras Galegas, organizada polo departamento que el dirixe en colaboración co Centro autonómico de Formación e Innovación (CAFI).
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un grupo de 157 alumnos e alumnas, residentes nas comarcas galegofalantes do Bierzo e de Sanabria, acompañados de profesorado de 11 dos 19 centros adscritos ao Programa de Promoción da Lingua Galega no Bierzo e en Sanabria enmarcado no Protocolo Xeral de Colaboración entre a Xunta de Galicia e a Junta de Castela e León rematan a visita de estudos que os trouxo a Galicia para achegarse de primeira man á lingua e a cultura galegas.
Tal e como se desprende dos orzamentos para o período 2021-2027, a UE non ten a intención de reducir o uso do inglés nas súas reunións e documentación unha vez que o Reino Unido abandone a Unión.
Fonte: The Guardian
O Goberno do País de Gales aprobou unha nova norma que lles permitirá ás empresas de pequeno tamaño acollerse a axudas para traduciren contidos como carteis, menús ou mensaxes en redes sociais.
Fonte: Daily Post
Un grupo de sacerdotes e bispos lusófonos avoga pola oficialización da lingua portuguesa nos sínodos dos bispos no Vaticano.
Fonte: Diário de Notícias
Subscríbase ao boletín