Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    30 de abril de 2018

    Compromís denuncia no Senado a vulneración da disposición final da Constitución española por non publicar a Carta Magna en todas as linguas de España, en referencia ás que non se consideran cooficiais, como é o caso do asturiano, o aragonés, o aranés, o leonés ou o tamazigh, entre outras, no que consideran un caso claro de discriminación lingüística.

    Fonte: La Vanguardia

    30 de abril de 2018

    O Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana anulou parcialmente o decreto de plurilingüismo por considerar que resulta discriminatorio co castelán fronte ao valenciano no sistema educativo non universitario.

    Fonte: Levante-EMV

    30 de abril de 2018

    Un grupo de persoas voluntarias acaba de poñer en marcha o proxecto elseullibre, unha iniciativa que pretender servir de canle de difusión de novas publicacións en catalán.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    30 de abril de 2018

    A Deputación da Coruña convoca unha nova edición do concurso de música infantil e xuvenil "Quero Cantar", cuxa finalidade é fomentar o uso da lingua galega, así como a creatividade poética e musical.

    Fonte: CTNL

    27 de abril de 2018

    Ucraína e Bulgaria asinaron unha declaración que permitirá que as persoas da minoría búlgara residentes en Ucraína poidan aprender tamén a súa lingua materna no ensino público.

    Fonte: UNIAN

    27 de abril de 2018

    A tribo Bora que vive en zonas selváticas de Colombia e o Perú emprega unha lingua sofisticada baseada en sons de tambores para comunicarse con outros membros da comunidade situados a un máximo de 20 km de distancia.

    Fonte: New Scientist

    27 de abril de 2018

    A Facultade de Letras da Universidade de Lisboa ofrecerá, por primeira vez no ensino superior de Portugal, un curso de lingua armenia que axudará a estreitar relacións entre o país luso e a nación do Cáucaso.

    Fonte: Diário de Notícias

    27 de abril de 2018

    Segundo os últimos estudos realizados, pouco máis da metade da poboación de Mozambique pode expresarse en portugués e é frecuente que este idioma se empregue mesturado con outras linguas vernáculas.

    Fonte: Folha de São Paulo

    27 de abril de 2018

    O gravado, de principios do século XV, encóntrase en dúas tellas encontradas en Castro Caldelas que se depositarán no futuro museo antropolóxico da Ribeira Sacra, cuxa apertura está prevista para xullo. A importancia desta inscrición reside en que se trata do documento epigráfico en barro máis antigo en lingua galega.

    Fonte: La Región

    27 de abril de 2018

    Cadernos de lingua, publicación da Real Academia Galega nacida en 1990, chega ao número 36 coa estrea dunha plataforma web que axudará a impulsar a difusión das investigacións sobre a lingua galega a nivel internacional.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder