O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou os máis de 1000 estudantes chegados de 30 centros de toda Galicia para participaren na III edición da Regueifesta, un encontro destinado a impulsar a improvisación oral en verso como motor de normalización lingüística entre a xente nova, visibilizar a música galega como ferramenta educativa e de ocio e renovar o mundo da regueifa desde valores de igualdade de xénero e de xustiza social.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e Feiraco lanzan un ano máis a campaña das Letras Galegas 2018, na que se inclúen unha serie de accións de dinamización da lingua galega coas que a cooperativa agrogandeira galega se suma á festa do 17 de maio desde o ámbito socioeconómico.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un estudo publicado na revista Cognition revelou que os primeiros dez anos de vida son os máis propicios para que as nenas e os nenos poidan conseguir no futuro o mesmo nivel de fluidez que un nativo.
Fonte: Newsweek
Unhas 180 iniciativas culturais terán lugar en 57 países de todo o mundo para celebrar o Día da Lingua Portuguesa e da Cultura da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP).
Fonte: Público
Estes dous novos medios en galego son Xornal de Vigo, centrado na actualidade política, económica, cultural, deportiva e social do sur da provincia de Pontevedra; e Adiante.gal, unha plataforma aberta para difundir información e análise da actualidade social e política de Galicia.
Fonte: Culturagalega.org
O Boletín Oficial das Illas Baleares publicou unha convocatoria para a contratación temporal dun investigador técnico, que esixe como requisito a acreditación dun nivel intermedio (B2) da lingua catalá.
Fonte: ABC
Pontevedra acolleu un ano máis unha nova edición do Galegote Rock, o festival de bandas en lingua galega impulsado desde o Concello. A programación inclúe grupos de diferentes estilos, como soul, indie, rock, rap, trap, sempre co galego como fío condutor.
Fonte: Pontevedra Viva
O 4 de maio celebrarase o acto institucional do XXXIX Día das Letras Asturianas no Teatro Campoamor de Oviedo. Así mesmo, ao longo da semana realizaranse outras actividades en prol da lingua asturiana, no marco da celebración Semana das Letras Asturianas.
Fonte: El Comercio
A lingua portuguesa será tema de debate de varias conferencias que terán lugar en diferentes espazos das Nacións Unidas e que contarán coa participación do secretario xeral da ONU, António Guterres, e a secretaria executiva da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP), Maria do Carmo Silveira, entre outros.
Fonte: Destak
Un estudo científico da Universidade de Birmingham revelou que o exercicio físico regular pode ser beneficioso para a produción oral dunha lingua na terceira idade.
Fonte: News Medical
Boletín
Subscríbase ao boletín

