Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    06 de xuño de 2018

    O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) incorporará este ano 10 novos/as bolseiros/as en formación que posúan titulación en Filoloxía, en Humanidades, en Enxeñaría de Telecomunicacións, en Física, en Informática ou en Matemáticas.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    06 de xuño de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, presentaron o novo informe da Xunta de Galicia sobre a prestación do servizo de normalización lingüística pola Administración local en exercicio de competencia propia, un novo texto que ten por obxectivo aclarar calquera dúbida sobre duplicidade de competencias e forma na que pode incidir a lexislación vixente en materia lingüística.

    05 de xuño de 2018

    O diario de tirada nacional portugués Jornal de Notícias distribuirá gratuitamente o Atlas da Língua Portuguesa para conmemorar os 150 anos do xornal.

    Fonte: Jornal de Notícias

    05 de xuño de 2018

    A cidade de Quimper convértese no punto de encontro internacional da investigación sobre a lingua bretoa ao acoller a cuarta edición da universidade de verán sobre o patrimonio cultural.

    Fonte: Le Télégramme

    05 de xuño de 2018

    O obxectivo da exposición é fomentar que o público teña capacidade de elección para ver as películas en valenciano ou en castelán.

    Fonte: El Periódico Mediterráneo

    05 de xuño de 2018

    O Concello de Huesca elabora un vídeo onde se repasa toda a traxectoria do aragonés no que se afirma que é unha lingua que está en perigo de extinción por carecer de recoñecemento e apoio institucional.

    Fonte: El Diario

    05 de xuño de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou a Maite Vázquez na presentación da obra O sapoconcho Coloríns, nun acto celebrado no salón de ámbito cultural do Corte Inglés.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    05 de xuño de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no coruñés Miradoiro do Monte de San Pedro na gala de entrega de premios da 10ª edición do Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    05 de xuño de 2018

    A igrexa de San Fernando de Betanzos acolleu o concerto da sexta edición de "No bico un cantar", un programa educativo e cultural promovido pola Consellería de Cultura e Educación e polo Consello da Cultura Galega que congregou nesta ocasión 350 alumnos e alumnas de toda Galicia, procedentes dos conservatorios de música profesional e de centros de música das catro provincias.

    04 de xuño de 2018

    O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal, Augusto Santos Silva, gaba o traballo do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa e defende a uniformación da ortografía para preservar a coherencia da lingua.

    Fonte: Jornal de Notícias

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder