Un escrito, asinado por máis de 300 persoas, reivindica un trato igualitario para o galego-asturiano e o asturiano, é dicir, que ambas as linguas, xunto co castelán, sexan oficiais en todo o territorio do Principado.
Fonte: La Nueva España
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un escrito, asinado por máis de 300 persoas, reivindica un trato igualitario para o galego-asturiano e o asturiano, é dicir, que ambas as linguas, xunto co castelán, sexan oficiais en todo o territorio do Principado.
Fonte: La Nueva España
A convocatoria de axudas Euskalgintza está destinada a promover o éuscaro na vida social con actividades como a promoción da lectura con encontros entre escritores e lectores, concursos ou guías literarias.
Fonte: El Diario Vasco
O XII Certame de Investigación Condado de Pallares impulsa importantes traballos arredor do patrimonio lingüístico, artístico, antropolóxico e etnográfico co apoio da Xunta de Galicia, a través das secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística. Na presentación da nova edición desta iniciativa, promovida pola Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, participaron o secretario xeral e Política Lingüística, Valentín García, e o delegado territorial José Manuel Balseiro.
Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, participou na presentación de O colapso territorial en Galiza, do xeógrafo Xosé Constenla, que se celebrou na compostelá Libraría Couceiro.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A ministra de Patrimonio do Canadá, Mélanie Joly, declarou que se está a preparar un proxecto de lei que considerará os idiomas autóctonos do país como "primeiras linguas" e non como linguas oficiais.
Fonte: Le Devoir
A ministra de Lingua Galesa, Eluned Morgan, informou de que o executivo galés vai adiar de momento a nova norma que regula o uso do galés no ámbito privado.
Fonte: BBC
A Dirección Xeral de Política Lingüística exporá nun coloquio que se celebrará o 26 de xuño as accións de fomento do occitano en Cataluña desenvolvidas en 2017 e as que están en curso este ano.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Deputación de Biscaia, en colaboración co Instituto para a Euscaldunización e Alfabetización de Adultos (HABE), vai destinar o vindeiro curso 480 000 euros a uns bonos de desconto para as persoas que queiran aprender éuscaro.
Fonte: El Mundo
Atopando Compostela é un xogo de taboleiro que estrea agora a súa versión web, co obxectivo de fomentar o coñecemento da toponimia de Santiago dun xeito divertido.
A Universidade de Vigo presenta un estudo sociolingüístico, o segundo desde o ano 1996, que supón unha nova análise da situación actual da lingua galega na institución en relación con aspectos lingüísticos, competenciais, actitudinais, sociolingüísticos e formativos.
Fonte: Universidade de Vigo
Subscríbase ao boletín