A Xunta de Galicia, o Parlamento e o Concello de Redondela celebraron un acto conxunto para conmemorar o 35º aniversario da aprobación da Lei 3/1983, de 15 de xuño, de normalización lingüística, por unanimidade da Cámara galega. Un acto que acolleu o concello pontevedrés, que conta co servizo lingüístico decano de Galicia, en funcionamento ininterrompido desde hai 36 anos.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Segundo denuncia a Mesa pola Normalización Lingüística, Wikipedia non admite o emprego dos topónimos galegos na súa forma legal e oficial e xustifica este feito alegando que se trata de política da empresa.
Fonte: Galicia Confidencial
O acto de inauguración da festa das ikastolas de Áraba celebrouse en Argantzon Ikastola, que organizou a 38 edición do Araba Euskaraz baixo o lema “Irrikitan”.
Fonte: El Mundo
O comisario de Linguas Oficiais do Canadá, Raymond Théberge, constatou eivas na prestación de servizos en lingua francesa nas institucións federais e demanda nun informe medidas para corrixilas.
Fonte: Le Droit
Un grupo de estudantes das escolas de ensino bilingüe bretón-francés (Diwan) manifestou o seu descontento pola imposibilidade de realizar os seus exames finais en lingua bretoa.
Fonte: Le Télégramme
O novo executivo de Groenlandia anunciou que substituirá o dinamarqués polo inglés como primeira lingua estranxeira no ensino público. A decisión recibiu o rexeitamento do primeiro ministro dinamarqués, Lars Løkke Rasmussen.
Fonte: Nationalia
O período de matriculación na materia de Lingua Asturiana e Literatura para o curso 2018-2019 xa está aberto e, como todos os anos, púxose en marcha unha campaña, baixo o título #YoApúntome, para informar das súas vantaxes.
Fonte: 20minutos
O corpo de intérpretes encargado de traducir de xeito simultáneo a 24 linguas oficiais no Parlamento Europeo entra en folga por cambios que afectan ás súas horas de traballo.
Fonte: Politico
Segundo un estudo da Real Academia Galega, a xeración Z, á que pertencen as persoas nadas entre 1989 e 1999, fala menos galego que a súa precedente, a do milenio, pero ten menos prexuízos negativos cara ao idioma. Este traballo conclúe que o galego perde presenza como referente lingüístico familiar, pero percíbese un cambio importante na percepción social da lingua.
O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou a aprobación definitiva das ordenanzas para o impulso do galego do Concello do Grove, do das Neves e mais do de Tomiño.
Fonte: CTNL
Boletín
Subscríbase ao boletín
