Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    19 de xuño de 2018

    SpeakSee é un sistema portátil de micrófonos que transcriben conversas a texto con varios usuarios á vez, o que resulta de grande utilidade para as persoas xordas que poden así participar en conversas en grupo. Unha das súas maiores vantaxes é que recoñece máis de 120 linguas e variantes, entre as que figura o galego.

    Fonte: Código Cero

    19 de xuño de 2018

    Con motivo do décimo aniversario dos certificados Bikain, que recoñecen o labor de fomento do éuscaro no mundo laboral, o Goberno vasco fixo balance dos resultados obtidos por estes distintivos nos últimos dez anos, unha década na que lograron esta certificación un total de 337 entidades.

    Fonte: El Diario Vasco

    19 de xuño de 2018

    Un total de 34 concellos e a Entidade Local Menor de Bembrive vanse beneficiar das axudas para dinamización lingüística convocadas polo Servizo de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra que teñen como obxectivo que as administracións locais poidan crear ou manter un servizo de normalización ou desenvolver programas de fomento do galego.

    Fonte: Deputación de Pontevedra

    19 de xuño de 2018

    A operadora Movistar anunciou, a través da súa conta en Twitter, que está a traballar para incorporar o galego nos subtítulos dos filmes que emite esta plataforma, unha antiga demanda por parte de entidades como A Mesa pola Normalización Lingüística.

    Fonte: Código Cero

    19 de xuño de 2018

    Unha investigación do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega analiza as prácticas lingüísticas das nenas e os nenos e tamén do persoal que se fai cargo deles nos campamentos de verán, as actividades extraescolares e outros contextos de educación non formal.

    18 de xuño de 2018

    A feira do libro de Guadalaxara, México, acolle máis de 40 escritores e escritoras en lingua portuguesa. Algúns nomes destacados son, entre outros, António Lobo Antunes, Mia Couto, Hélia Correia, Germano Almeida ou Manuel Alegre.

    Fonte: Observador

    18 de xuño de 2018

    O secretario xeral de Asuntos Exteriores da República de Irlanda, Niall Burgess, declarou que é necesario que o corpo diplomático mellore no coñecemento de linguas estranxeiras co fin de prepararse para a apertura de novas embaixadas en varios continentes.

    Fonte: The Irish Times

    18 de xuño de 2018

    País Vasco, Navarra e Iparralde renovaron en Donostia o acordo Hiruko Ituna que recolle cinco ámbitos de actuación en materia de educación e euscaldunización de adultos; fomento do éuscaro no ocio, no contorno dixital e no ámbito socioeconómico; sensibilización sobre o éuscaro e creación ámbitos para a reflexión; investigación sociolingüística e corpus do éuscaro, e colaboración no marco europeo.

    Fonte: Noticias de Navarra

    18 de xuño de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na entrega de premios do XIII Concurso de narración curta Ao rescate da memoria.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    18 de xuño de 2018

    Os personaxes máis famosos da literatura infantil galega, os seis irmáns Bolechas e o seu can, volven un ano máis ao programa de promoción do galego FalaRedes, que a Secretaría Xeral de Política Lingüística leva adiante en concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL).

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder