Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    22 de xuño de 2018

    O convenio recolle diferentes actividades que se van a desenvolver con motivo do centenario da Real Academia da Lingua Vasca e financiará varios proxectos como son o Corpus Onomástico Vasco, traballos de onomástica e toponimia, a edición do libro La Vasconia peninsular en las fuentes árabes (años 711-929) e o estudo do léxico de Joakin Lizarraga.

    Fonte: 20 minutos

    22 de xuño de 2018

    O presidente da República de Cabo Verde, Jorge Carlos Fonseca, defendeu a promoción do portugués a nivel internacional e apostou polo seu potencial social, económico e humano.

    Fonte: Jornal de Notícias

    22 de xuño de 2018

    A Radio Galega estrea a súa primeira canle dixital de música infantil e xuvenil, Radio Picariña, que ofrece un milleiro de cancións en galego que se poderán escoitar da listaxe de reprodución tanto dende un ordenador persoal como a través de dispositivos móbiles.

    Fonte: Código Cero

    22 de xuño de 2018

    Un ano máis o Concello de Vigo organiza unha nova edición do programa “No verán… un conto”, unha iniciativa que coa que pretende impulsar o uso do galego no ámbito do lecer e que está dirixida ao público infantil, familiar e adulto.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    22 de xuño de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega dos premios do Certame de Banda deseñada AX1 e do Premio de Ensaio Subversivo Guillerme Domínguez, que tivo lugar na biblioteca do IES Arcebispo Xelmírez I.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    22 de xuño de 2018

    O concurso, denominado Hi Gazte!, ten como obxectivo que a mocidade cree contidos en éuscaro para as redes sociais, formen unha comunidade de youtubers e consuman eses contidos.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    21 de xuño de 2018

    Valentín García Gómez entregou no IES Menéndez Pidal da Coruña os premios da IV edición do concurso ‘Inventa en galego’, convocado por Igaciencia co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. No mesmo acto tamén se celebrou a entrega dos premios ‘Sensores para todos’, que perseguen facer unha utilización tecnoloxicamente interesante dos sensores de Arduino ou Lego.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    21 de xuño de 2018

    Os Bolechas e o amigo Monte, a nova proposta da familia animada máis famosa de Galicia para este verán, chegará o sábado da man do Falaredes á localidade coruñesa de Teo, en cuxo Auditorio Constante Liste da Ramallosa se poderá gozar a partir das 12.00 horas.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    21 de xuño de 2018

    A concelleira de Normalización Lingüística presentou a terceira edición de "Bellaguarda de Cine", unha iniciativa para promover o cinema en valenciano con filmes para todos os públicos.

    Fonte: El Periodic

    21 de xuño de 2018

    Os centros concertados que imparten a materia de Lingua Asturiana e os alumnos que a estudan foron en aumento dunha maneira salientable, e xa supoñen unha porcentaxe do 81% os centros que a ofertan.

    Fonte: La Nueva España

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder