Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) e Política Lingüística entregaron os premios do Certame de Microrrelatos Feiraco Letras Galegas 2018, nun acto que se celebrou na sede de Feiraco, na Ponte Maceira, e no que participaron o vicepresidente de CLUN, José Montes; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Os secretarios xerais de Política Lingüística e de Cultura, Valentín García e Anxo Lorenzo, interviñeron no Pazo de San Roque na segunda das xornadas con que o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) está celebrando un cuarto de século de existencia: “O Centro Ramón Piñeiro: a súa creación e importancia examinadas desde ámbitos distintos”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou nos pendellos de Agolada na presentación do VI Campus Agolada Musical 2018, unha iniciativa na que colaboran a Consellería de Cultura e Educación, o Concello de Agolada e a Federación Galega de Bandas de Música.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un estudo asinado por profesores da Universidade de Navarra na revista <em>Revista Latina de Comunicación Social</em> revelou que a proporción de medios dixitais en lingua galega está moi lonxe das cifras noutras linguas como o catalán e o éuscaro. Segundo o estudo, 534 cibermedios están en catalán, 109 en éuscaro e só 88 en galego.
Fonte: Galicia Confidencial
Un bo número de cidades do estado brasileiro de Río Grande do Sur mobilizouse pola reforma do ensino medio no Brasil que retirou a obrigatoriedade de ensinar español nas escolas.
Fonte: VEJA
O Goberno de Cataluña acaba de aprobar os novos estatutos do Consorcio para a Normalización Lingüística que leva trinta anos formando persoas en catalán.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Un total de 24 profesores e profesoras de portugués de 17 universidades chinesas participou no curso de verán de lingua portuguesa que organiza o Politécnico de Macau.
Fonte: Sapo 24
Resurrection Fest, o máis grande e internacional de todos os festivais galegos, abre a súa edición número 13 cunha destacada presenza na súa programación de FEST Galicia, a marca creada pola Xunta para promover o territorio galego como destino musical baixo criterios de calidade. No marco desta iniciativa desenvolveranse diferentes campañas divulgativas entre as que se salienta “O galego crea ambiente”, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, co obxectivo de dinamizar o noso idioma propio entre a mocidade.
A Consellería de Cultura e Educación resolve a liña de subvencións bianual para a tradución do galego a outras linguas e doutras linguas ao galego, dotada con 200.000 euros.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Colectivos sociais e culturais do Bierzo como Fala Ceibe denunciaron publicamente obstáculos para o uso do galego na ensinanza, os medios de comunicación e a administración.
Fonte: Praza Pública
Boletín
Subscríbase ao boletín
