Un total de 2 618 auxiliares de conversa nativos de inglés, francés e alemán incorporarase aos centros públicos de ensino da Comunidade de Madrid co fin de dar apoio ao ensino bilingüe.
Fonte: Europapress
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un total de 2 618 auxiliares de conversa nativos de inglés, francés e alemán incorporarase aos centros públicos de ensino da Comunidade de Madrid co fin de dar apoio ao ensino bilingüe.
Fonte: Europapress
Un relatorio do British Council revelou que só un 47 % dos escolares británicos decide estudar unha lingua estranxeira durante os anos de ensino obrigatorio. Esta cifra mostra unha caída de case 30 puntos porcentuais respecto ao ano 2002.
Fonte: Euronews
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de inauguración da escultura dedicada a Rosalía de Castro na alameda de Chapela que leva o seu nome, co gallo do 133º aniversario do seu pasamento.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O BNG pedirá no pleno da Deputación de Ourense que a Real Academia Española corrixa a definición do topónimo da provincia e acepte “Ourense” como única forma válida.
Fonte: La Voz de Galicia
A Euskaltzaindia ou Real Academia da Lingua Vasca e a Fundación Sabino Arana destacan nun seminario en Bilbao a traxectoria que experimentou o coñecemento do éuscaro e reflexionan sobre o seu uso.
Fonte: Eitb
Un neno brasileiro de oito anos que publicou dous libros bilingües, en portugués e inglés, pediu por medio dunha carta en Nova York que o portugués sexa declarado lingua oficial das Nacións Unidas.
Fonte: Globo
O Centro de Lingua e Cultura Portuguesas de Moscova podería pechar proximamente dado que o seu director non consegue entrar en Rusia desde hai máis dun ano.
Fonte: SIC Notícias
A Asociación de Editores en Lingua Catalá celebrou cunha festa no centro de Barcelona os seus 40 anos,
Fonte: Generalitat de Catalunya
O filme de animación <em>Hotel Transsilvània 3: unes vacances monstruoses</em> estrearase en 32 salas de cinema dobrado en catalán grazas ao apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Subscríbase ao boletín