Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de setembro de 2018

    Cantos na Maré, o Festival Internacional da Lusofonía, presentou en Pontevedra o programa da súa décimo cuarta edición, que modifica e amplía as súas datas de celebración, ademais de se abrir a máis estilos musicais na procura de novos públicos.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    20 de setembro de 2018

    Este novo Plan de dinamización lingüística pretende que se consolide o proceso de normalización do catalán na illa de Menorca. Supón ademais unha adaptación do anterior plan á situación actual desta lingua e aos cambios que sufriu a sociedade menorquina. 

    Fonte: Menorca

    20 de setembro de 2018

    A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana considera que unha reforma do Estatuto de Autonomía na que se inclúa a oficialidade servirá para recoñecer os dereitos lingüísticos e para garantir a supervivencia do asturiano.

    Fonte: La Nueva España

    20 de setembro de 2018

    Coa convocatoria deste premio, organizado pola Asociación Cultural Val de Láncara coa colaboración doutras entidades, búscase recoñecer o labor de persoas ou entidades a prol da lingua e da cultura galegas.

    Fonte: Deputación de Lugo

    19 de setembro de 2018

    Na maioría dos países africanos, o ensino das linguas maternas nos centros educativos é aínda moi simbólico a pesar de que a ONU advirta da necesidade de ensinar nelas para favorecer a aprendizaxe de nenos e nenas.

    Fonte: Deutsche Welle

    19 de setembro de 2018

    O regreso ás aulas en Luxemburgo produciuse cunha novidade na oferta da lingua portuguesa: tres novos centros de ensino secundario da cidade ofrecen o portugués como materia opcional.

    Fonte: Contacto

    19 de setembro de 2018

    Xa se convocou a X edición dos Premios Mallorca de Creación Literaria nas modalidades de Narrativa, Poesía e Ensaio en lingua catalá. A dotación económica destes galardóns en cada categoría ascende a 35 000, 25 000 e 30 000 euros respectivamente.

    Fonte: MallorcaDiario

    19 de setembro de 2018

    O Servizo de Saúde das Illas Baleares, xunto co Instituto de Estudos Baleares, organiza cursos gratuítos de catalán para o seu cadro de persoal. Estes cursos comezarán o 8 de outubro e rematarán a semana do 25 de xaneiro e impartiranse nos hospitais públicos.

    Fonte: Salud Ediciones

    19 de setembro de 2018

    O físico Jorge Mira foi o encargado da tradución ao galego de Unha breve historia do tempo, de Stephen Hawking, unha obra científica fundamental dispoñible na colección Clásicos do Pensamento Universal da Universidade de Santiago.

    Fonte: Culturagalega.org

    18 de setembro de 2018

    O partido portugués CDS (Centro Democrático Social - Partido Popular) incluirá no seu programa electoral o ensino bilingüe portugués-inglés nas escolas públicas.

    Fonte: Público

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder