Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    05 de outubro de 2018

    A ministra de Lingua Galesa, Eluned Morgan, anunciou que a vila galesa de Monmouth, no condado de Monmouthshire, terá a primeira escola de inmersión en galés.

    Fonte: Montmouthshire Beacon

    04 de outubro de 2018

    Por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Xunta de Galicia volve programar nesta primeira fin de semana de outubro actividades nos concellos que forman parte da Rede de Dinamización Lingüística (RDL). Nesta ocasión, o protagonista da programación será a coñecida compañía de teatro do Elefante Elegante, que trae unha nova proposta dirixida ao público familiar desde os 3 anos baixo o título Asubíos

    04 de outubro de 2018

    O vindeiro 31 de outubro, no compostelán Auditorio de Galicia, a Gala aRi[t]mar Galiza e Portugal 2018 reunirá o cantante portugués Salvador Sobral, a formación galega A banda da Loba e os poetas Lois Pérez e Alexandre Brea para entregarlles os premios concedidos por votación popular á mellor música e poesía galega e portuguesa do pasado ano.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    04 de outubro de 2018

    Osasuna asinou un convenio con AEK co obxectivo de traballar conxuntamente nun plan que inclúe actividades como charlas de motivación e sensibilización ou clases de éuscaro para persoal do club e xogadores.

    Fonte: Diario de Navarra

    04 de outubro de 2018

    Os premios Lazarraga chegan á súa quinta edición co obxectivo de recoñecer o traballo a prol do éuscaro no ámbito social e empresarial en Áraba. A entrega dos galardóns realizarase o 8 de novembro no Museo Artium.

    Fonte: Gasteiz Hoy

    04 de outubro de 2018

    Valentín García participou no Consello da Cultura Galega (CCG) na presentación da unidade didáctica “Domingo Fontán e a Carta geométrica de Galicia”, xurdida da colaboración entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística; a Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do CCG e a Real Academia Galega de Ciencias.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    04 de outubro de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou, no ourensán Campus das Lagoas da Universidade de Vigo, na apertura do IV Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) co apoio da Consellería de Cultura e Turismo.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    03 de outubro de 2018

    Segundo informaron profesoras de ensino universitario de países como China e Vietnam, o dinamismo do mercado laboral asiático fixo posible que cada vez máis empregos demanden a lingua de Camões en todo o continente.

    Fonte: SAPO

    03 de outubro de 2018

    À Punt Mèdia incorpora desde o 1 de outubro a interpretación á lingua de signos á súa programación, en concreto, aos informativos da mañá. Será durante a segunda media hora do informativo, de 8.30 a 9.00 horas, polo tanto, 30 minutos diarios dirixidos ás persoas xordas ou con algunha discapacidade auditiva.

    Fonte: Europa Press

    03 de outubro de 2018

    A Oficina de Promoción do Valenciano de Manises organiza unha serie de actividades culturais para impulsar o uso do valenciano e contar a súa historia. Esta programación desenvolverase a partir do 4 de outubro baixo o título de "Octubre, Mes del valencià".

    Fonte: Ajuntament de Manises

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder