Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    16 de xullo de 2018

    Un relatorio do British Council revelou que só un 47 % dos escolares británicos decide estudar unha lingua estranxeira durante os anos de ensino obrigatorio. Esta cifra mostra unha caída de case 30 puntos porcentuais respecto ao ano 2002.

    Fonte: Euronews

    16 de xullo de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de inauguración da escultura dedicada a Rosalía de Castro na alameda de Chapela que leva o seu nome, co gallo do 133º aniversario do seu pasamento.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    14 de xullo de 2018

    O BNG pedirá no pleno da Deputación de Ourense que a Real Academia Española corrixa a definición do topónimo da provincia e acepte “Ourense” como única forma válida.

    Fonte: La Voz de Galicia

    14 de xullo de 2018

    A Euskaltzaindia ou Real Academia da Lingua Vasca e a Fundación Sabino Arana destacan nun seminario en Bilbao a traxectoria que experimentou o coñecemento do éuscaro e reflexionan sobre o seu uso.

    Fonte: Eitb

    14 de xullo de 2018

    Un neno brasileiro de oito anos que publicou dous libros bilingües, en portugués e inglés, pediu por medio dunha carta en Nova York que o portugués sexa declarado lingua oficial das Nacións Unidas.

    Fonte: Globo

    14 de xullo de 2018

    O Centro de Lingua e Cultura Portuguesas de Moscova podería pechar proximamente dado que o seu director non consegue entrar en Rusia desde hai máis dun ano.

    Fonte: SIC Notícias

    14 de xullo de 2018

    A Asociación de Editores en Lingua Catalá celebrou cunha festa no centro de Barcelona os seus 40 anos,

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    13 de xullo de 2018

    O filme de animación <em>Hotel Transsilvània 3: unes vacances monstruoses</em> estrearase en 32 salas de cinema dobrado en catalán grazas ao apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    13 de xullo de 2018
    A festa das letras galegas que conmemora este ano a figura de María Victoria Moreno esténdese alén das catro provincias galegas. Asociacións galegas de Londres, Xenebra e Bos Aires seguen a organizar actos para lembrar a escritora.
    13 de xullo de 2018

    Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) e Política Lingüística entregaron os premios do Certame de Microrrelatos Feiraco Letras Galegas 2018, nun acto que se celebrou na sede de Feiraco, na Ponte Maceira, e no que participaron o vicepresidente de CLUN, José Montes; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder