Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    29 de outubro de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega de premios do concurso Explícoche Matemáticas 2.0, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), por medio da Facultade de Matemáticas e do Servizo de Normalización Lingüística.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    29 de outubro de 2018

    A Consellería de Cultura e Turismo, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Políticas Culturais, leva a mostra María Victoria Moreno: paisaxes e personaxes a Sanxenxo, en cuxo Pazo Emilia Pardo Bazán fará parada ata finais de mes.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    26 de outubro de 2018

    As xornadas sobre a lingua italiana organizadas polo Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación Internacional de Italia finalizaron en Roma cun dato importante: o italiano é hoxe a cuarta lingua máis estudada no mundo con máis de 2 millóns de persoas.

    Fonte: LiveUniCT

    26 de outubro de 2018

    O metro do Porto instalou na estación de Aliados unha pantalla de grandes dimensións que conta cun tradutor de lingua de signos en seis idiomas.

    Fonte: Diário de Notícias

    26 de outubro de 2018

    O convenio entre À Punt Mèdia e a Academia Valenciana da Lingua, que terá unha duración de catro anos, ten como obxectivo fomentar e difundir a lingua e a cultura valencianas.

    Fonte: La Vanguardia

    26 de outubro de 2018

    Ante unha reclamación realizada en galego por parte dun cliente de Endesa, a compañía rexeitou atendelo nesta lingua e solicitoulle que o fixese en castelán ou en inglés. Debido ás críticas recibidas, a empresa xustificouse alegando un menor volume de clientes en Galicia con respecto a Cataluña, por exemplo, onde si atenden en catalán.  

    Fonte: Praza Pública

    26 de outubro de 2018

    O programa Euskaragiletu, posto en marcha por Kontseilua, ten como obxectivo axudar as empresas interesadas en avanzar nos seus procesos de euscaldunización. Por este motivo, organiza novas actividades para as próximas semanas, en concreto, visitas a dúas empresas con ampla experiencia na normalización do éuscaro.

    Fonte: SPRI

    26 de outubro de 2018

    O Obradoiro de linguaxe e redacción xurídica en galego está dirixido ao alumnado de Dereito, que poderá matricularse nel, de xeito gratuíto, ata o día 15 de novembro.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    26 de outubro de 2018

    A coalición Geroa Bai súmase á manifestación convocada por Kontseilua, coa que se pretende reivindicar a oficialidade do éuscaro en Navarra e a equiparación dos dereitos lingüísticos de toda a cidadanía.

    Fonte: Diario de Navarra

    26 de outubro de 2018

    PuntoGal, o dominio da lingua e a cultura galegas en internet, en colaboración con Dinahosting, celebrará o Samaín cun concurso de microrrelatos no que, a partir dun texto inicial en galego de Rosa Aneiros, as persoas participantes deberán continuar a historia onde a deixou a escritora.

    Fonte: Asociación PuntoGal

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder