Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    26 de outubro de 2018

    O presidente de Ucraína, Petro Poroshenko, aprobou un decreto que garantirá o desenvolvemento progresivo da lingua ucraína en todos os ámbitos da vida pública.

    Fonte: Language Magazine 

    26 de outubro de 2018

    O Goberno de Madeira introducirá o servizo de interpretación simultánea en lingua de signos portuguesa nos debates e sesións plenarias da Asemblea Lexislativa Rexional.

    Fonte: Dnoticias

    25 de outubro de 2018

    O Premio Otero Pedrayo recoñece, ex aequo, o labor a prol da cultura e a galeguidade da pedagoga Antía Cal e da escritora María Xosé Queizán. No xurado participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    25 de outubro de 2018

    A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, leva esta fin de semana a actividade de dinamización lingüística Asubíos no marco do programa FalaRedes ata o concello ourensán de Verín.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    25 de outubro de 2018

    Segundo un estudo realizado polo Consello da Mocidade e a Academia da Lingua Asturiana, un 86,1% da xente nova apoiaría a oficialidade do asturiano, o que mostra unha mellora das actitudes cara a este idioma con respecto a investigacións anteriores.

    Fonte: El Comercio

    25 de outubro de 2018

    O programa de dinamización lingüística Vigo Arrólate, posto en marcha polo Concello de Vigo, comeza o domingo 28 de outubro cun espectáculo destinado a familias con fillas e fillos de 0 a 3 anos.

    Fonte: Concello de Vigo

    25 de outubro de 2018

    TV3 e Catalunya Radio van converterse nos primeiros medios en ofrecer contidos en catalán no servizo de voz Alexa de Amazon, que estará dispoñible, entre outros, no último boletín de Catalunya Información e os titulares do Telexornal noite.

    Fonte: El Nacional

    25 de outubro de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do libro de Carlos Mella A conferencia no curso dun acto celebrado no estradense CEIP do Foxo con motivo do Día Internacional das Bibliotecas.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    25 de outubro de 2018

    A Xunta de Galicia publicou a resolución das axudas destinadas a empresas que realizan publicacións periódicas escritas integramente en galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    25 de outubro de 2018

    A proposta de nova ordenanza do éuscaro do Concello de Pamplona ten como obxectivos garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía e adaptar a normativa á realidade social e ao contexto xurídico vixente.

    Fonte: Noticias de Navarra

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder