Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    03 de setembro de 2018

    Baixo o título 'Voces. La llingua asturiana al traviés de los sieglos', o Museo Arqueolóxico de Asturias, situado en Oviedo, acollerá a partir do 26 de setembro unha exposición itinerante sobre a historia do asturiano desde as súas orixes.

    Fonte: El Comercio

    03 de setembro de 2018

    Segundo o diagnóstico sobre a evolución do éuscaro en 2017, o nivel desta lingua entre o alumnado descendeu 10 puntos desde 2010, o que supón que suspende esta materia un de cada tres estudantes.

    Fonte: El Correo

    03 de setembro de 2018

    Entre os días 3 e 21 de setembro as persoas desempregadas de San Sebastián poderán inscribirse nos cursos gratuítos de éuscaro organizados polo concello que comezarán a impartirse o 8 de outubro.

    Fonte: La Vanguardia

    03 de setembro de 2018

    A película de animación colombiana El Libro de Lila foi dobrada á lingua machiguenga, falada por unha comunidade amazónica do departamento peruano de Cuzco.

    Fonte: El Tiempo

    03 de setembro de 2018

    Unha iniciativa popular, posta en marcha a través da plataforma change.org, reclama que se poida empregar o catalán na publicidade de Twitter.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    03 de setembro de 2018

    Nunha entrevista para a televisión pública neozelandesa, a primeira ministra de Nova Zelandia, Jacinda Ardern, declarou que a súa filla medrará falando tanto maorí como inglés.

    Fonte: The New York Times

    31 de agosto de 2018

    O Instituto Goethe informou de que cada vez máis adultos británicos de entre 18 e 30 anos deciden aprender alemán co fin de ter acceso a máis oportunidades laborais.

    Fonte: The Guardian

    31 de agosto de 2018

    Unha estudante de doutoramento da Universidade de Stanford nos Estados Unidos documentou o ende, unha lingua illada falada nunha zona rural de Papúa Nova Guinea.

    Fonte: Stanford News 

    31 de agosto de 2018

    A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que o operador de telefonía MásMóvil se nega a ofrecer atención en galego, feito que se constatou nunha chamada a un posible cliente na que confirmaron, así mesmo, que non atenden tampouco nin en catalán nin en éuscaro.

    Fonte: Código Cero

    31 de agosto de 2018

    O director da aplicación para o ensino de linguas Duolingo informou en declaracións a Sky News de que o Brexit está a animar os británicos a aprenderen linguas estranxeiras. Desde que se iniciou o proceso de separación do Reino Unido da Unión Europea, Duolingo rexistrou un incremento do 24 % no número de inscricións procedentes do Reino Unido.

    Fonte: Sky News

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder