Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    26 de setembro de 2018

    O presidente da Generalitat de Cataluña presentou o plan do seu Goberno en materia cultural e lingüística, no que se consolida o apoio ao catalán e ao aranés a través de diferentes medidas que fomentan a aprendizaxe e o uso destas linguas.  

    Fonte: La Vanguardia

    26 de setembro de 2018

    A Federación Estatal de Ensinanza de Comisións Obreiras quere reunirse coa nova titular do Ministerio de Educación para solicitar a creación da especialidade docente de lingua asturiana.

    Fonte: Europa Press

    26 de setembro de 2018

    A Asociación de Amigas e Amigos da Galipedia e Coñecemento Libre (A3Gal) pretende apoiar a actividade voluntaria dos colaboradores galegofalantes na Wikipedia, así como todo o coñecemento libre en galego.

    Fonte: Código Cero

    26 de setembro de 2018

    A obra Extraordinario, do escritor Antón Lopo, resultou gañadora da XII edición do Premio Narrativa Breve Repsol. Así o comunicou en rolda de prensa o voceiro do xurado, Xoan Babarro, escritor e académico correspondente da Real Academia Galega (RAG).

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    26 de setembro de 2018

    Xosé María Álvarez Cáccamo, Luz Darriba, o Festival Internacional de Outono de Teatro-FIOT, o grupo A Roda, o Festival de Cans, Antón Santamarina, a Asociación O Sorriso de Daniel e Ramón Villares son os galardoados dos Premios da Cultura Galega 2018. Os premiados foron distinguidos nas modalidades de Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior, respectivamente, por un xurado que estivo presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez.

    26 de setembro de 2018

    A Consellería de Cultura e Educación presenta unha nova edición, a sétima, do Obradoiro Internacional de Tradución Poética Con barqueira e remador, que terá lugar na Illa de San Simón entre o 1 e o 6 de outubro e na que participan, coordinados pola poeta e dinamizadora cultural galega Yolanda Castaño, outros seis autores procedentes de lugares tan dispares como Galicia, o País Vasco, Portugal, Alemaña, India e Iraq.

    25 de setembro de 2018

    Unha multitude de actividades conmemorará o Día Europeo das Linguas que como cada ano organiza o Consello de Europa e a Unión Europea o 26 de setembro.

    Fonte: European Day of Languages (EDL)

    25 de setembro de 2018

    Co fin de integrar as comunidades indíxenas nos procesos electorais, o Tribunal Rexional Electoral do estado brasileiro de Tocantíns traduciu folletos informativos ás linguas de catro pobos indíxenas.

    Fonte: G1

    25 de setembro de 2018

    O Servizo de Linguas e Terminoloxía, a Oficina de Relacións Internacionais e o Voluntariado Lingüístico da Universidade Jaume I organizan unha nova edición do UJIllengües, unhas xornadas que terán como obxectivo compartir linguas e fomentar os intercambios lingüísticos.

    Fonte: El Periodic

    25 de setembro de 2018

    O Consistorio donará 12 000 euros durante este ano para axudar a Real Academia da Lingua Vasca a realizar actuacións que promovan o éuscaro entre a cidadanía e para mellorar a calidade no uso desta lingua.

    Fonte: ABC

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder