Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    24 de xaneiro de 2019

    A Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura é a impulsora do Voluntariado pola Lingua que dende o ano da súa creación, en 2003, formou máis de 130 000 parellas lingüísticas, e que só en 2018 superou as 10 600.

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    24 de xaneiro de 2019

    O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou a aprobación definitiva da Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Ribadumia, un texto que declara o galego como idioma oficial da institución.

    Fonte: CTNL

    24 de xaneiro de 2019

    A Universidade de Santiago de Compostela convoca a oitava edición do concurso Explícoche Matemáticas 2.0, un certame que premia vídeos en galego que aborden un tema relacionado con esta disciplina e que ten como obxectivo fomentar a utilización desta lingua como medio de transmisión das matemáticas.

    Fonte: USC

    24 de xaneiro de 2019

    O relator especial das Nacións Unidas sobre as minorías mantivo unha reunión co presidente da organización Iniciativa pol Asturianu para coñecer a situación da lingua asturiana e dos dereitos lingüísticos dos seus falantes, para logo emitir un informe ao respecto.

    Fonte: La Nueva España

    23 de xaneiro de 2019

    O Instituto Camões colaborará coa institución homóloga española, o Instituto Cervantes, na publicación dun libro que mostrará o potencial e as fortalezas das linguas portuguesa e española.

    Fonte: Observador

    23 de xaneiro de 2019

    O secretario de Estado das Comunidades Portuguesas, José Luís Carneiro, informou en Manchester de que os nacionais portugueses residentes no Reino Unido que non dominen a lingua portuguesa recibirán un acompañamento especial ante o Brexit.

    Fonte: Observador

     

    23 de xaneiro de 2019

    A Universidade de Zaragoza, en colaboración coa Generalitat de Cataluña e o Goberno de Aragón, publica un volume que analiza a Enquisa dos usos lingüísticos na Franxa 2014. Esta obra ten como finalidade ofrecer información sobre a realidade sociolingüística dos municipios aragoneses onde se fala catalán.

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    23 de xaneiro de 2019

    A Consellería de Educación impartirá cursos de cen horas en seis institutos de Secundaria para que o persoal interino poida certificar o nivel C1 de valenciano, necesario para impartir clases nos centros educativos da Comunidade.

    Fonte: Levante-EMV

    23 de xaneiro de 2019

    Esta Guía de linguaxe inclusiva, elaborada polo alumnado da Facultade de Ciencias da Comunicación en colaboración co Colexio de Xornalistas (CPXG), recolle recomendacións para evitar a utilización de linguaxes discriminatorias. Divídese en 14 capítulos dedicados a outros tantos ámbitos ou colectivos: Linguaxe non sexista, Infancia, Persoas maiores, Pobreza, Emprego, Catástrofes e emerxencias, Cooperación internacional, Comercio xusto, Medio ambiente, Persoas migrantes, Persoas privadas de liberdade, Capacidades diversas e Racismo.

    23 de xaneiro de 2019

    A IV Xornada de Normalización da Deputación de Pontevedra foi o escenario da presentación por parte da Real Academia Galega dun avance do estudo sobre a situación do galego na mocidade, en concreto, entre a chamada xeración Z (persoas nadas a partir de 1990).

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder