A Deputación de Guipúscoa faralle entrega, o vindeiro 16 de novembro, á Real Academia da Lingua Vasca do III Premio Ondarea, co que se recoñece o seu traballo a prol da conservación e a difusión do éuscaro.
Fonte: Diario Vasco
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Deputación de Guipúscoa faralle entrega, o vindeiro 16 de novembro, á Real Academia da Lingua Vasca do III Premio Ondarea, co que se recoñece o seu traballo a prol da conservación e a difusión do éuscaro.
Fonte: Diario Vasco
Vigo acolleu a entrega da XLI edición dos Premios da Crítica de Galicia, na que se recoñeceu o labor de Ana Romaní, na modalidade de Iniciativas Culturais e Científicas, na promoción e difusión da cultura e a lingua galegas.
O vindeiro 15 de novembro a Deputación de Áraba entregará os Premios Lazarraga cuxo obxectivo é recoñecer o labor de organizacións e persoas que traballan pola normalización do éuscaro no ámbito socioeconómico.
Fonte: Gasteiz Hoy
O secretario xeral das Nacións Unidas, o portugués António Guterres, recibirá o premio José Aparecido de Oliveira da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) polo seu labor a prol da promoción do portugués.
Fonte: Correio da Manhã
A canle de televisión de maior cobertura do Perú, TV Perú, emitirá por primeira vez un espazo televisivo na lingua ashaninca, a de maior número de falantes de toda a Amazonia peruana.
Fonte: La Vanguardia
Avilés non poderá contar, polo momento, cunha ordenanza sobre o uso do asturiano debido a un informe dos servizos xurídicos municipais que fan esta consideración debido a que esta lingua non ten o rango de oficial.
Fonte: La Nueva España
O programa ‘Irakurriz Gozatu’ (‘Gozar lendo’), organizado polo Concello de Pamplona, levará revistas en éuscaro a centros escolares para fomentar a lectura nesta lingua.
Fonte: Noticias de Navarra
A II edición de Sarean Euskaraz, as xornadas sobre cultura dixital en éuscaro que se celebran os días 6 e 7 de novembro en Baluarte, contará con obradoiros, charlas e mesas redondas destinados ao alumnado nas sesións da mañá e ao público en xeral nas de tarde.
Fonte: Noticias de Navarra
O Premio a proxectos de webseries en galego, convocado no marco do Festival Carballo Interplay 2019, ten como obxectivo a creación e a difusión en internet de contidos audiovisuais nesta lingua.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O IX Día da Ciencia en Galego, que terá como tema “A cultura científica e a cultura galega como patrimonio cultural europeo”, homenaxeará nesta edición o matemático grego Arquímedes e mais o Mestre Mateo, artífice do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Subscríbase ao boletín