Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de novembro de 2018

    O Concello de Ames convoca a primeira edición do Premio Lingua e Empresa co obxectivo de fomentar o uso do galego na actividade empresarial amesá, un galardón ao que poderán optar as que teñan sede social ou centro de actividade no municipio.

    Fonte: Concello de Ames

    09 de novembro de 2018

    O Goberno vasco pretende que a ensinanza do éuscaro sexa gratuíta ata o nivel B2 en 2020. Para iso, o Departamento de Cultura incrementará nun 37,5 % as axudas no próximo ano ata acadar os 2,47 millóns de euros.

    Fonte: El Mundo

    09 de novembro de 2018

    A Deputación Foral de Áraba e Laneki, a asociación para o fomento e a mellora da formación profesional, lanzan Baigare, un soporte que poderá colocarse nas recepcións e mostradores dos negocios, co obxectivo de que a clientela saiba que pode ser atendida en éuscaro dende o primeiro momento.

    Fonte: 20 minutos

    09 de novembro de 2018

    Con motivo do recente cumio Web Summit celebrado en Lisboa, o xigante dos contidos multimedia Netflix anunciou que ten pensado crear máis producións orixinais en linguas diferentes ao inglés para visualizalas en todo o mundo.

    Fonte: Cnet

     

    09 de novembro de 2018

    Unha conferencia no Instituto Universitario de Lisboa revelou un dato preocupante: o ensino do portugués nos países lusófonos de África é precario e ten como resultado o estancamento no número de falantes desta lingua.

    Fonte: Público

    08 de novembro de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do Congreso Internacional Patrimonio e Fronteira organizado pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega (CCG) coa colaboración da Universidade do Minho (Portugal) e da Comunidade dos Paises de Língua Portuguesa (CPLP).

    Fonte: O Portal da Lingua Portuguesa

    08 de novembro de 2018

    O Plan de Incremento da Docencia en Valenciano aumentará un 3% a súa oferta cada ano, ata acadar un 50% no 2022. Este proxecto indica que sempre que nunha materia haxa máis dun grupo en lingua non estranxeira, polo menos, un debe de ser en valenciano.

    Fonte: Levante-EMV

    08 de novembro de 2018

    Un total de 105 alumnos de seis centros escolares participou no plan piloto para fomentar o uso do asturiano no ámbito educativo, un plan que obtivo unha moi boa valoración entre as familias, pois máis do 80 % destas recomendaría a outras a participación neste proxecto.

    Fonte: La Voz de Asturias

    08 de novembro de 2018

    DivulgaTerra é unha iniciativa de divulgación científica coa que se pretende amosar o traballo de novos/as investigadores/as e fomentar o uso do galego para a comunicación científica.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    08 de novembro de 2018

    A comisión de seguimento do Programa de promoción da lingua galega no Bierzo e en Sanabria, asinado polos gobernos galego e castelán leonés no ano 2001, constatou na súa reunión anual de seguimento que sobe por segundo ano consecutivo o alumnado que estuda galego no Bierzo e en Sanabria.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder