Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de novembro de 2018

    Unha nova norma da oficina da comisaria da Lingua Galesa imporá a obriga de ofrecer servizo de interpretación simultánea en galés en entrevistas e interrogatorios que se realicen nas comisarías con interlocutores que falen esta lingua.

    Fonte: BBC

    12 de novembro de 2018

    O filme peruano Wiñaypacha é a primeira longametraxe gravada en aimará na súa totalidade e competirá nos premios Óscar na categoría de mellor película en lingua estranxeira diferente ao inglés.

    Fonte: BBC

    12 de novembro de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da obra Poemas que non foron ao lume, de Matilde Vilariño Pose.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    12 de novembro de 2018

    O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reuniuse coa directora xeral da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa, Georgina Benrós de Mello.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    12 de novembro de 2018

    Esta plataforma pretende converterse nun punto de encontro e intercambio para todos os adheridos ao programa Agora x l'aragonés, unha iniciativa que ten como obxectivo fomentar o uso desta lingua.

    Fonte: El Periódico de Aragón

    12 de novembro de 2018

    O PSOE propón aproveitar a reforma do Estatuto de Autonomía da Rioxa para, por vez primeira, introducir o éuscaro e equiparalo co castelán.  

    Fonte: ABC

    09 de novembro de 2018

    O ministro de Educación do Brasil, Rossieli Soares, e o embaixador de España en Brasilia, Fernando García Casas, asinaron un acordo polo que os dous países se comprometen a crear escolas bilingües de portugués e español nas zonas de fronteira. A esta iniciativa tamén se sumarán outros países como Portugal e Colombia.

    Fonte: Diário de Notícias

    09 de novembro de 2018

    O Goberno de Austria introducirá unha polémica medida coa que quere vincular a concesión da renda mínima de inserción co nivel de alemán das persoas candidatas. O obxectivo xeral será dificultar a chegada ao país de máis poboación inmigrante.

    Fonte: Euroactiv

    09 de novembro de 2018

    A nova edición do Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua galega, que convoca a Deputación da Coruña, xa ten gañador, o escritor Xabier López coa novela 900, que recibirá 25 000 € de premio.

    Fonte: Deputación da Coruña

    09 de novembro de 2018

    O obradoiro “Moito por dicir” está dirixido a persoas adultas (en concreto, membros de asociacións veciñais, entidades deportivas e culturais ou ANPAS) interesadas en mellorar a súa competencia lingüística no que respecta á elaboración de textos de carácter informativo (notas de prensa, artigos, reportaxes etc.).

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder